Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.745 novas da área temática Emprego:

10/06/2026 | 21:29 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a apertura do novo Consulado Honorario de México en Galicia como un paso estratéxico para reforzar o retorno da diáspora e a atracción de investimentos

Subliña que a nova sede en Ourense servirá como unha ponte para fortalecer os lazos históricos, culturais e económicos compartidos a ambos lados do Atlántico

10/06/2026 | 15:23 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Pablo Fernández visita Xuntos Síndrome de Down e destaca a importancia da integración social e laboral de todas as persoas

Esta entidade recibiu axudas da Xunta por valor de máis de 80.000 euros para levar a cabo programas de emprego e para a contratación de persoal

10/06/2026 | 12:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en marcha un programa de formación e mentoría para reforzar a profesionalización das mulleres artesás do medio rural

O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe na presentación da nova iniciativa autonómica Artesás, que busca impulsar o papel feminino no sector, ofrecer unha visión empresarial da artesanía e crear comunidade

09/06/2026 | 11:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta potencia nas feiras de emprego do Brasil o modelo galego de atracción de talento co foco no retorno con traballo das persoas galegas

José González subliña que nestas citas se pon en contacto aos galegos e galegas en idade laboral e residentes no Brasil con empresas galegas que ofertan postos de traballo en sectores clave como o metalmecánico, o naval, enerxías renovables ou TIC

09/06/2026 | 10:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza os apoios do programa de primeira experiencia profesional cunha nova liña para a formación de aprendices en oficios artesanais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas de 2026 do programa de primeira experiencia profesional, dotadas cun importe global de máis de 8,7 M€

08/06/2026 | 10:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta manifesta o seu compromiso co labor das entidades da colectividade galega en Salvador de Bahía a prol da difusión da cultura de Galicia no Brasil

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración mantén encontros con representantes da emigración galega en Salvador de Bahía coincidindo coa feira de emprego impulsada polo Goberno galego nesta cidade e en São Paulo

08/06/2026 | 10:25 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica o nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo para o ingreso en tres categorías

Resultan nomeados 6 profesionais: 3 na categoría de médico de urxencias hospitalarias, 2 na de facultativo especialista en pediatría e as súas áreas específicas e 1 no grupo auxiliar da función administrativa

07/06/2026 | 10:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza a conexión da cidadanía galega no Brasil coas oportunidades laborais do tecido empresarial autonómico en sectores estratéxicos

José González salienta que esta nova edición da feira de emprego, que terá continuidade mañá en Salvador de Bahía, consolida esta iniciativa pioneira e contribúe á atracción de talento retornado e a afrontar retos como a cobertura de vacantes

07/06/2026 | 09:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza na programación do campus formativo de emprego autónomo cun novo curso centrado nas claves para a rendibilidade económica dos negocios

Esta acción formativa estruturada en 10 pílulas de cinco minutos cada unha, permite ás persoas participantes aprender a calcular custos reais, definir prezos e marxes de seguridade ou deseñar ofertas e paquetes estratéxicos, entre outras cuestións