Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 978 novas da área temática Territorio:

15/04/2026 | 19:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o transporte metropolitano na área da Coruña con 210.000 servizos ao ano en máis dun cento de liñas

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, aclarou que se trata do contrato que máis servizos ofrecer de toda a comunidade e tamén o de maior demanda con 5 millóns de persoas viaxeiras rexistradas o ano pasado

15/04/2026 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta continúa a rolda de xuntanzas para presentar a postura autonómica na captación de novas rutas aéreas co sector empresarial e turístico de Vigo e a provincia de Pontevedra

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes trasladou que o Goberno galego, a través da promoción en orixe, destinará 100.000 euros a cada nova ruta que se estableza, cun máximo de dúas por aeroporto e ano

14/04/2026 | 17:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima a Aenor a participar no futuro mercado de créditos de carbono para avanzar no cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible

Na reunión avaliaron posibles vías de colaboración noutros aspectos vinculados ás liñas estratéxicas da Consellería como a prevención e xestión do desperdicio alimentario

14/04/2026 | 15:29 | C. do Mar

El presidente de Portos de Galicia destaca la importancia de las obras de dragado para la seguridad y la operativa portuaria

José Antonio Álvarez compareció en la Comisión 8ª de Pesca y Marisqueo del Parlamento de Galicia para informar de los trabajos previstos para Miño, Barallobre y Pontedeume con una inversión de 1,3 millones de euros

14/04/2026 | 14:35 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a aposta que está facendo por Galicia o principal centro tecnolóxico aeroespacial de España

Catec leva anos traballando en Galicia vinculado ao Parque Empresarial de Rozas (Castro de Rei)

14/04/2026 | 14:27 | C. de Facenda e Administración Pública

O futuro Centro de Ciberseguridade consolida a Galicia como territorio de vangarda das novas tecnoloxías

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaron as obras do centro

12/04/2026 | 15:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 210.000 euros as obras de humanización da rúa Rei de Viana, no concello de Leiro

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación ao abeiro do Plan Hurbe, establecendo un prazo de presentación de ofertas que rematará o 28 de abril

12/04/2026 | 11:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe unha oferta para a construción e concesión dunha cafetería no ámbito PS5 dos terreos da antiga ETEA en Vigo

O orzamento para a construción da cafetería estímase en 405.891€, mentres que para a fase de explotación, o valor estimado ascende a 9,8M€

11/04/2026 | 15:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra os Días Europeos da Artesanía con actividades na provincia de Ourense e co evento Artesanía de Galicia en Merza

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe os obradoiros impulsados pola Asociación de Artesáns de Ourense no seu local e no taller de Olería do Batán en Baños de Molgas, e logo estivo na VI Fornada Tradicional de Niñodaguia

11/04/2026 | 15:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe nos 2 primeiros días do prazo 15 solicitudes de concellos para obras de rehabilitación ao abeiro do Fondo de Cooperación, esgotando o crédito de 3 M€

O obxectivo do fondo é financiar obras de rehabilitación en municipios de menos de 50.000 habitantes a través de préstamos sen xuros que os concellos poden devolver en 8 anos