Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abre o programa expositivo da Cidade da Cultura cunha reflexión de artistas dunha ducia de países sobre os límites dos mundos virtuais
A mostra propón un percorrido por máis de 80 obras que inclúen instalacións interactivas, videoxogos, obxectos históricos e pezas artísticas que exploran a relación entre realidade física e simulación dixital
Galicia inicia 2026 con 6.176 persoas desempregadas menos e 16.737 afiliacións máis á seguridade social que hai un ano
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, valorou hoxe os datos de desemprego e afiliacións rexistrados en xaneiro, no que a comunidade rexistrou 115.144 persoas desempregadas e 1.083.826 cotizantes á Seguridade Social
O Colexio Fingoi 2 de Lugo ofrece desde hoxe o servizo de comedor escolar na aula móbil instalada pola Xunta
O delegado territorial visitou o centro para comprobar o correcto funcionamento do novo espazo, acondicionado por alumnos e profesores do CIFP As Mercedes
Fabiola García avanza que a Xunta ultima a apertura do punto de encontro familiar do Deza en Lalín
O Goberno galego investiu 125.000 euros neste proxecto que dotará á comarca dun servizo esencial na mediación familiar e protección da infancia
A Xunta chegou o ano pasado a preto de 23.000 persoas a través das accións informativas, formativas e de sensibilización dos centros Quérote+
Ademais, este servizo público desenvolveu máis de 530 obradoiros dirixidos á mocidade e ás familias en centros educativos, concellos e entidades
A Xunta abre unha nova casa do maior en Fisterra, a terceira neste concello
Neste servizo aténdese de maneira gratuíta a persoas maiores en situación de dependencia moderada, co obxectivo de favorecer un envellecemento activo e saudable
A Xunta lanza a nova orde de axudas extraordinarias ao retorno con 2,5 M€ destinados a apoiar os gastos iniciais do regreso dun milleiro de familias
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria 2026 destas achegas que permiten cubrir as primeiras necesidades dos galegos retornados, con apoios que poden chegar ata os 6.000 euros
Belén do Campo destaca que a Xunta reserva máis de 1,6 M€ para a continuidade ás 18 casas niño da provincia da Coruña ata o 2028
A delegada da Xunta destacou que o obxectivo destas achegas é manter este recurso e seguir atendendo ás necesidades de conciliación da vida persoal e laboral das familias nos concellos rurais de Galicia nos que están establecidas
Un total de 147 asociacións de nais e pais benefícianse das axudas para comedores escolares da Xunta, que vén de reforzar a contía ata acadar os 1.750.000 €
O Goberno galego incrementou nun 10% a partida inicialmente prevista deste ano para contribuír a que estas entidades poidan facer fronte ao aumento de usuarios