Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o concello de Ribeira avalían iniciativas de cooperación para dinamizar a industria no municipio
O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo un encontro co alcalde do municipio coruñés, Luís Pérez, no que se valoraron diferentes actuacións para mellorar a dispoñibilidade de solo empresarial na comarca do Barbanza
A Xunta saca a concurso preto de 227.000 metros cadrados de solo empresarial propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio para a venda de 84 parcelas en 17 parques empresariais que se suman ao concurso publicado por Xestur Galicia o pasado 13 de febreiro con 251 parcelas en 20 parques e preto de 518.000 metros cadrados
A Xunta licita por case 64.500 euros a redacción dos proxectos de urbanización e parcelación da central de transportes de Ponte Caldelas
O obxectivo é adaptar a urbanización existente para facilitar a implantación de empresas de todo tipo e non só dedicadas ao transporte, como se prevía inicialmente
A Xunta abre o prazo para a presentación de ofertas ao concurso de Xestur para adxudicar máis de 500.000 m2 de solo empresarial en 19 polígonos
O prazo estará aberto ata o 12 de marzo e as empresas interesadas en adquirir algunha das parcelas poden solicitar bonificacións dun 30% ou dun 50% sobre o prezo de venda
A Xunta ofrecerá este ano case 1 millón de m2 de solo empresarial a prezo bonificado en 39 polígonos galegos
Hai 385 parcelas dispoñibles no conxunto de Galicia e no caso de venderse todas, as adxudicatarias beneficiaríanse de descontos estimados en máis de 34,5 M€
A Xunta licita a redacción do plan estruturante para a ampliación do parque empresarial do Campiño, en Pontevedra, por máis de 260.000 euros
Ángeles Vázquez lembra que o PEOSE é un documento que, xunto co proxecto de urbanización, definirá o número de parcelas e o seu tamaño, as prazas de aparcadoiros ou as zonas verdes a desenvolver, entre outras cuestións
A Xunta licita a redacción do plan estruturante do parque empresarial de Fragamoreira, en Poio, por preto de 250.000 euros
A previsión é que o parque deseñado polo Executivo galego ocupe unha superficie total de case 390.000 metros cadrados
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de expropiación do parque empresarial de Coristanco
O Plan estruturante de ordenación de solo empresarial do parque está sometido a exposición pública desde o pasado 15 de decembro