Actualidade
Buscador de novas
A Xunta acudirá á vía xudicial se o Goberno Central non achega o expediente aberto pola Comisión Europea sobre a AP-9
Allegue anunciou que a Xunta se dirixirá tamén aos gobernos autonómicos de Asturias e Castela León para estudar a posibilidade de coordinar accións conxuntas para reclamar a liberalización das peaxes
Lorenzana reclama desde Xapón ao Goberno a convocatoria das poxas de eólica mariña e o reforzo da rede eléctrica para que a enerxía producida poida chegar a fogares e industrias
Orix Corporation é un grupo empresarial que opera en España a través da súa filial Elawan Energy, con sede en Madrid e presente en 15 países de Europa e América, especializada en todo o ciclo de vida das renovables
A Xunta celebra o Día de Galicia na Expo de Osaka 2025 reivindicando a estabilidade e a eficiencia como o mellor aval do Goberno galego para atraer investimentos
“Hai unha cousa que nos une, e é o interese institucional tanto aquí, en Xapón, como en Galicia, por captar investimento estranxeiro”, subliña
Román Rodríguez recoñece o labor do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais pola posta en valor da cultura, do patrimonio e dos valores cidadáns
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa na entrega do XXIX Premio Internacional Grupo Compostela de Universidades a esta prestixiosa entidade
Rueda e Urkullu avalían vías de cooperación entre a Xunta e a Fundación eAtlantic para impulsar a fachada atlántica europea
O presidente do Executivo autonómico mantivo esta tarde un encontro co ex lehendakari do Goberno vasco, promotor desta nova entidade que ten entre os seus obxectivos fomentar unha gobernanza participativa e multinivel na Unión Europea
A Xunta pon en valor na XV Xuntanza de centros galegos do sur de España a súa unidade e o seu compromiso coa nosa cultura
O secretario xeral da Emigración asistiu hoxe ao encontro, que reuniu en Puerto de Santa María a representantes dos centros galegos de Andalucía, Estremadura e Ceuta, reforzando os lazos culturais e asociativos entre as entidades
A Xunta impulsa a formación para persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea recibiu hoxe as persoas beneficiarias das bolsas formativas convocadas
A Xunta pon en valor as altas capacidades das empresas galegas para participar en proxectos europeos de seguridade, defensa e aeroespazo e captar investimentos neste sector
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, inaugurou a xornada Cooperación estratéxica para un Ceo Europeo Dixital promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Empresa Común SESAR no marco da nova Iniciativa de Seguridade, Defensa e Aeroespazo
Aberto o prazo de solicitude da bolsa de prácticas no ámbito da I+D+i na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas
A Xunta ofrece este programa formativo para brindar a oportunidade de entrar en contacto cos asuntos europeos no ámbito da innovación e da investigación a través da realización de prácticas na oficina de Bruxelas da fundación
Rueda destaca en Santander o papel das rexións na construción europea e a contribución de Galicia á cohesión da UE
Advirte do risco da centralización excesiva e chama a unha xestión plural dos fondos europeos para responder ás necesidades reais da cidadanía