Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 544 novas da área temática Dixital:

06/11/2025 | 12:56 | C. de Economía e Industria

Lorenzana lembra que ata o 10 de decembro aínda se poden solicitar as novas axudas da Xunta para servizos de ciberseguridade en empresas

Estes apoios son de concesión directa, para todo tipo de empresas e financian ata o 75 % do custo dos servizos contratados cun tope máximo de 30.000 euros

05/11/2025 | 16:19 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia convértese ata o venres no epicentro do debate sobre os retos da ciberseguridade

Profesionais do sector compartirán no V Encontro Galego de Ciberseguridade prácticas para afrontar con éxito o reto que supoñen as novas formas de delincuencia na rede

01/11/2025 | 12:59 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Economía e Industria
29/10/2025 | 16:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
28/10/2025 | 14:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aprobará o plan de benestar dixital antes de que remate o ano

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa salienta en SIMO a importancia de garantir o uso seguro e responsable das tecnoloxías nas aulas

27/10/2025 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convocará en 2026 arredor de 1.500 prazas de profesorado, o que afianzará a mellora progresiva de ratios co reforzo de docentes pese a caída de alumnos

Román Rodríguez detalla que estas contas, que medran ata os 3.090 M€, un récord que representa o “compromiso político” coa educación e a I+D+i “como piares para asegurar o benestar das persoas e o progreso social e económico de Galicia”

27/10/2025 | 12:33 | C. de Economía e Industria

Máis de 200 empresas galegas participarán nos 35 novos obradoiros de innovación, dixitalización e loxística avanzada impulsados pola Xunta

O Diario Oficial de Galicia fixo publica a resolución pola que se conceden máis de 630.000 euros para apoiar proxectos colaborativos que promoven a transformación tecnolóxica e sostible do tecido empresarial

26/10/2025 | 10:02 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia presenta a guía de recursos de software libre para mulleres emprendedoras do rural

A publicación busca fomentar o empoderamento dixital das mulleres, impulsar a innovación e promover o uso de tecnoloxías abertas como motor de desenvolvemento económico e social

25/10/2025 | 13:06 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta impulsa no Gaiás un foro de arte e cultura dixital con figuras de referencia internacional

O encontro congregará en novembro na Cidade da Cultura a creadores, empresas, institucións e festivais líderes neste eido, con máis dunha vintena de relatores e propostas artísticas procedentes de España, Portugal, Italia, Francia, ou O Xapón