Actualidade
Buscador de novas
Fabiola García felicita ao Grupo Social Once por ser referente en inclusión e polo seu compromiso co avance social de Galicia
Nesta edición, os premios a empresas e entidades recaeron no Centro Dramático Galego, Arroupa-Moda Re, Proxecto Home e La Voz de Galicia
A Xunta humaniza a praza de Picoutiños en Cartelle, que conta cun investimento de preto de 110.000 euros
A actuación vén de transformar este espazo no núcleo de Nogueiró para convertelo nun novo espazo accesible, coa renovación do pavimento, a mellora das infraestruturas e novo mobiliario urbano
A Xunta pon en valor o compromiso empresarial de Vegalsa-Eroski coa plena integración
Begoña Abeijón aposto polo traballo conxunto de administracións, entidades e empresas para avanzar nunha sociedade máis inclusiva, acolledora e sostible
A Xunta ten aberto o prazo de solicitude das axudas para mercar bicicletas eléctricas de pedaleo asistido ou para cadeiras de rodas
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que establecementos de Lugo, Monforte de Lemos, Sarria, Foz, Burela, Viveiro e Ribadeo xa se sumaron ao programa EBici, ao que poden seguir incorporándose novos negocios
Fabiola García avanza que a Xunta destinará un ano máis 3M€ ás axudas para enfermos de ELA mentres que o Goberno central segue sen achegar financiamento
A conselleira definiu a norma estatal como “urxente, xusta e necesaria” pero denunciou que "segue baleira de contido pola falta de apoios” do Goberno central
Belén do Campo destaca o excelente traballo do centro de educación especial Lenda Educativa ao servicio da atención á diversidade e inclusión
Este centro articula a súa proposta formativa arredor de tres liñas principais: a formación adaptada en cultivos agrícolas e horticultura, a formación adaptada en gandaría e a formación adaptada para o coidado e atención a persoas en situación de dependencia
Gómez Caamaño salienta o compromiso da Xunta coa inclusión real e efectiva das persoas con discapacidade intelectual, ao incorporar 140 persoas no sistema público de saúde desde 2016
Agradece a colaboración das entidades que asesoran ao Servizo Galego de Saúde na formación previa dos profesionais, na adaptación do seu posto de traballo e no seguimento posterior