Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 293 novas da área temática Audiovisual:

03/10/2024 | 14:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta reúne no CGAC preto dunha decena de cineastas co gallo da inauguración de ‘Novos Imaxinarios’

A programación da exposición inclúe un ciclo de conversas que se celebrará o sábado con profesionais como Isaki Lacuesta, Oliver Laxe ou Lois Patiño

24/09/2024 | 19:04 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta
23/09/2024 | 14:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia o Ourense Film Festival nunha 29ª edición que reforza a aposta polo audiovisual galego

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colabora coa Fundación Carlos Velo na organización do que é o certame internacional de cine de carácter competitivo máis lonxevo da nosa Comunidade

18/09/2024 | 14:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Avanza a rodaxe de ‘Tralovento’, a nova película de Eloy Domínguez Serén producida co apoio da Xunta

Zeitun Films conta cunha achega de máis de 255.000 euros para esta coprodución internacional, que tamén recibiu axuda para a fase previa de desenvolvemento do proxecto

14/09/2024 | 10:05 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O audiovisual galego prepara 21 novas producións de cine e televisión cofinanciadas pola Xunta con 3 M€

Publícase na web de Industrias Culturais a concesión da convocatoria anual de axudas á produción e coprodución de proxectos audiovisuais a 13 longametraxes cinematográficas, seis curtas e dúas series televisivas

11/09/2024 | 13:21 | Axencia de Turismo de Galicia

O OUR Fest afianza a cidade Ourense como destino turístico de grandes festivais co apoio da Xunta

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa na presentación desta cita que levará este sábado bandas internacionais consolidadas

05/09/2024 | 20:06 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos visita en Vigo o equipo do novo filme de Carla Simón, subvencionado pola Xunta para a súa filmación en Galicia

A coprodución hispano-alemá ‘Romería’ recibe unha achega de 300.000 euros a través do fondo para a atracción de rodaxes, dotado con 2 M€ para a súa convocatoria de 2024