Actualidade
Buscador de novas
Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afecta ao Parque do Xurés
O lume iniciouse ás 13.40 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 1 hectárea
Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afecta ao parque do Xurés
O lume iniciouse ás 13.40 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 1 hectárea
Belén do Campo destaca en Melide o papel dos traballos preventivos dos distritos forestais para reducir o risco de incendios
A delegada da Xunta visitou hoxe os traballos de prevención a través de desbroces e da ampliación dun cortalume que o persoal do Distrito Forestal III Santiago-Meseta Interior está a desenvolver no Concello de Melide
Manuel Pardo destaca a aposta da Xunta pola cooperación internacional na loita contra os lumes
O delegado territorial explicou que durante a súa estadía recibirán formación teórica e práctica, empregando como base o Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén, unhas instalacións impulsadas pola Xunta e que están a consolidarse como un referente a nivel internacional no adestramento de bombeiros forestais de toda Europa
A Xunta destaca Galiforest como o gran escaparate da innovación e do potencial do sector forestal
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participa na inauguración da oitava edición desta feira, que se celebra ata o sábado no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude
Medio Rural publica a declaración de utilidade pública de tres reestruturacións parcelarias en Agolada
Trátase das de Agra-O Sexo-Val de Sangorza; Basadre-Eidián-Ramil; e A Baíña-Berredo-Órrea e abranguen en conxunto preto de 4.500 hectáreas, distribuídas en algo máis de 25.000 parcelas
A coordinación e a innovación tecnolóxica centran a reunión provincial para a campaña de incendios en Pontevedra
Os delegados territoriais destacaron o aumento do orzamento destinado á loita contra os incendios
Martina Aneiros dá a benvida aos 10 alumnos que participan no obradoiro dual de emprego de Ferrol
Trátase dunha iniciativa financiada cunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de preto de 227.300 euros