Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta subliña as posibilidades da intelixencia artificial como panca de competitividade e emprego para Galicia
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou en Vigo no panel sobre Presente e oportunidades da Intelixencia Artificial no marco do evento Galia Tech, onde salienta que a IA permitirá ás empresas galegas ser máis eficientes e diferenciarse nos mercados internacionais
A Xunta convoca a V edición do concurso ‘Ciberseguridade no cole’ para sensibilizar aos escolares sobre o uso seguro da tecnoloxía
Está dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da e os centros educativos interesados en participar poden inscribirse ata o 6 de outubro
A Xunta achega as vantaxes da ciberseguridade ás empresas do sector forestal e aposta por ampliar a formación neste eido
Apunta que ata o vindeiro 29 de setembro aínda está aberta a liña de axudas que a Xunta ten á disposición das asociacións e organizacións da industria forestal para a convocatoria de cursos formativos non regrados, dos que o pasado ano se beneficiaron máis de 1.000 profesionais
Rueda anuncia que a Xunta inicia os trámites para a aprobación da futura Lei galega de acoso e violencia dixital
Destaca que a nosa Comunidade será a primeira en contar cunha lexislación específica neste ámbito para previr e apoiar as vítimas, que son maioritariamente menores, mulleres e persoas LGTBI
A Xunta pon en marcha a X edición do Programa Scratch Day, que achega a programación a nenos e nenas de 7 a 15 anos
As actividades comezan o 20 de setembro e desenvolveranse ata outubro en aulas da rede CeMIT de catro concellos galegos e na Sala Eisenman da Cidade da Cultura
A Xunta de Galicia convoca máis de 1.300 prazas para obter a certificación galega de competencias dixitais no nivel de iniciación
As inscricións poden realizarse desde mañá e ata o mércores 24 de setembro
A Xunta promove a formación en administración electrónica para mellorar as competencias dixitais e consolidar unha administración máis áxil e eficiente
A directora da EGAP e o director da Amtega inauguraron hoxe unha nova edición do Curso superior de Administración electrónica, convocado pola Escola, en colaboración tamén co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
O sistema educativo galego estrea este curso as primeiras medidas para a redución da burocracia
Román Rodríguez comproba no Instituto de Ames o funcionamento das primeiras medidas que se aplicarán nas vindeiras semanas e que seguirán progresivamente
Rueda anuncia que Galicia será pioneira ao regular por lei o uso das novas tecnoloxías nas aulas dos centros educativos
Avanza que será a través da Lei de educación dixital que será aprobada logo dun proceso participativo
O Plan de formación do profesorado da Xunta medra nun 10% con fincapé no reforzo das matemáticas, a lectura, a inclusión e a IA
O conselleiro de Educación presenta o catálogo de actividades para este ano, con 133.699 prazas, catro para cada docente, e 6.381 actividades