Actualidade
Buscador de novas
Miguel Corgos destaca a contribución dos fondos europeos ao crecemento da comunidade e á mellora da calidade de vida dos galegos
O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugurou a segunda edición da mostra itinerante para dar a coñecer os distintos programas europeos que están en marcha e as oportunidades de financiamento que ofrecen
Villares reivindica a descentralización da xestión pesqueira comunitaria a través dunha maior participación das rexións na toma de decisións
O conselleiro do Mar participou na Asemblea Xeral Extraordinaria da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), onde manifestou a necesidade de ampliar a definición de pesca costeira artesanal no regulamento comunitario
Martina Aneiros lembra que o prazo para presentar proxectos á convocatoria dos GALP finaliza o próximo 21 de marzo
Esta orde de subvencións cofinanciada polo fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura-Fempa conta cunha dotación plurianual de 14,6 M€ ata 2027
Rueda destaca a gobernanza descentralizada como unha das principais fortalezas da UE e demanda maior peso das rexións na xestión dos fondos europeos
Asegura que é a forma máis eficaz de garantir que as prioridades dos cidadáns teñen o seu reflexo na política comunitaria
A Xunta licita por máis dun millón de euros un inmoble do século XIX do centro histórico de Tui que albergará tres novas vivendas para alugueiro para menores de 36 anos
M. Allegue puxo en valor o inmoble, do século XIX, no que a Xunta investirá preto de 1,2M€, dos que a Xunta aporta máis de 1M€ e 150.000€ son fondos europeos, que se destinará a alugueiro accesible para menores de 36 anos
Rueda salienta que o novo modelo de prego de contratación permitirá que as licitacións se fagan dun xeito “máis sinxelo e máis rápido”
Esta medida inclúese na liña emprendida de “reducir a burocracia e intentar axilizar os trámites dos administrados”
Galicia e Portugal avanzan no deseño de estratexias locais de desenvolvemento de infraestruturas verdes no marco do proxecto ‘Green Gap’
O director do Instituto de Estudos do Territorio comparte nun encontro en Guimaraes a experiencia galega no proceso de elaboración da estratexia da infraestrutura verde e pon en valor que Galicia foi a primeira autonomía española en aprobar este instrumento
Villares sitúa as novas oficinas Es.Mar como motor da modernización e transformación da cadea mar-industria multiplicando o impacto dos fondos europeos
O responsable autonómico resaltou a importancia da ría de Arousa no ámbito da produción acuícola da comunidade e subliñou que este no servizo permitirá potenciar estas actividades cun efecto directo nas poboacións costeiras da zona
Lorenzana anuncia que a Xunta convocará este ano tres novas liñas de axuda para proxectos de descarbonización industrial e enerxías renovables
En total suman 16,2 M€ e financiarán a implantación de plantas de fabricación de compoñentes e almacenamento enerxético, o uso do hidróxeno renovable, a produción de biogás ou biometano e o desenvolvemento de tecnoloxías renovables mariñas