Actualidade
Buscador de novas
A Xunta porá á disposición das empresas máis dun millón de metros cadrados de solo industrial nos vindeiros tres anos
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, precisou que actualmente Xestur está a desenvolver 25 actuacións en 23 polígonos galegos que suman máis de 5 millóns de metros cadrados de solo industrial
Lorenzana enxalza a importancia da empresa familiar como sostén da economía de Galicia
Destaca que Galicia ten unha porcentaxe de empresas familiares superior á media española, un 94 por cento, que crea máis do 80 por cento do emprego privado
A Xunta defende o valor estratéxico do patrimonio mineiro de Galicia
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, interveu hoxe na inauguración do XIII Congreso internacional sobre minería e metalurxia históricas no suroeste europeo, organizado pola Sociedade española para a defensa do patrimonio xeolóxico e mineiro
Lorenzana aborda con Ceaga a situación actual do sector da automoción e reitera a necesidade de adoptar medidas urxentes para facilitar a transición cara o vehículo eléctrico
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, tamén repasou as actuacións incluídas no marco do Plan Director, ao que a Xunta ten previsto destinar máis de 230 millóns de euros ata o ano 2027
Belén do Campo informa de que 7 asociacións de polígonos industriais da provincia da Coruña recibirán máis de 500.000€ para mellorar a súa seguridade e competitividade
A delegada da Xunta destacou que estes apoios, de 1M€, con carácter bianual, van dirixidos ás asociacións de empresarios das áreas empresariais para a mellora da seguridade e a competitividade, incluída a obtención de selos ou certificacións de calidade que acrediten que a área cumpre con determinadas características diferenciais
Lorenzana pon en valor o papel da cadea monte-industria na economía galega na sinatura do convenio de colaboración coa Fundación Arume
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, asinou o acordo co presidente do padroado Xosé Manuel Mera Iglesias para desenvolver actividades de dinamización e promoción desta industria
Rueda reivindica Galicia como comunidade líder en produción nacional de proteínas coa nova planta de Curtis
Destaca que o investimento permitirá a creación de 55 empregos directos, a maioría indefinidos
Galicia avoga en Bruxelas por incrementar o investimento en redes eléctricas para favorecer a descarbonización no sector siderúrxico
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, apoiou o Plan Europeo de Acción para o Aceiro e os Metais que busca reducir os gastos enerxéticos no sector industrial
A Xunta reforza os lazos coas empresas galegas asentadas en Florida e destaca o seu papel como embaixadoras do espírito emprendedor galego
José González iniciou a súa primeira visita institucional ao país norteamericano cun encontro con representantes da comunidade galega asentada en Miami para reforzar vínculos e difundir as oportunidades de retorno