Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.138 novas da área temática Vivenda:

18/04/2026 | 11:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta garante o apoio ás máis de 8.000 familias monoparentais con medidas como o novo beneficio fiscal para comprar vivenda ou o certificado dixital

Desde principios deste ano poden solicitar ou renovar o seu certificado en liña, o que reduce a documentación, axiliza os trámites e permite dispoñer dun sistema de rexistro

17/04/2026 | 17:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo escoita as demandas da veciñanza de Xuxan e reafirma o compromiso da Xunta co desenvolvemento do barrio

A delegada tamén informou aos representantes veciñais de que a Xunta dispón dunha parcela de 3.500 metros cadrados na zona de Montemar, próxima a Xuxán, que beneficiará aos veciños deste barrio

17/04/2026 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 15,7 M€ a construción de 73 novas vivendas públicas en San Paio de Navia

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta intervención e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 25 de maio 

17/04/2026 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
15/04/2026 | 20:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reivindica o éxito do programa Fogar Vivo para mobilizar e incentivar a posta no mercado de vivendas baleiras

O secretario xeral sinala que se trata do programa “máis ambicioso en canto a axudas aos propietarios”, ao ofrecer garantías fronte a o impago e danos, establecer prezos accesibles en función das áreas xeográficas e promover contratos de longa duración

15/04/2026 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Manuel Pardo destaca os 2M€ que a xunta destina para axudas de adquisición de vivenda en centros históricos e vivenda protexida

O delegado territorial explicou que estas liñas de achegas da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, financiadas exclusivamente con fondos propios da comunidade autónoma, ofrecen achegas de ata 15.000€ no caso das de centros históricos e de ata 20.000€ para vivenda protexida

15/04/2026 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a construción de 28 vivendas públicas na Estrada, cun investimento autonómico de 4,8 M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta intervención e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 28 de maio

15/04/2026 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza en materia de vivenda apoiando o aluguer accesible co programa Fogar Vivo

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou a unha das beneficiarias da anterior convocatoria, que deixou máis 145.000 euros de achegas no ámbito da delegación

15/04/2026 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta desenvolverá solo residencial en Saíñas, en Cangas de Morrazo, para construír 300 vivendas públicas, todas protexidas

A Xunta tramitará un Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para desenvolver solo residencial neste ámbito, que conta xa coa delimitación inicial

15/04/2026 | 12:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue: “Coas novas medidas, máis familias galegas terán acceso a vivenda pública da Xunta de Galicia”

As modificacións impulsadas pola Xunta inclúen a suba dos límites de renda a 4 veces o Iprem (4,5 para familias numerosas), a reserva do 30% da vivenda en réxime de compra-venda para persoas de entre 36 e 45 anos con fillos ao seu cargo e a bonificación do 100% do imposto de Actos Xurídicos Documentados