Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 293 novas da área temática Audiovisual:

27/08/2024 | 12:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

The Wild Fest regresa a Vigo co apoio da Xunta para tres xornadas de música, cinema e lecer na natureza

Incorpórase á listaxe das citas subvencionadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da convocatoria para festivais profesionais de música

25/08/2024 | 11:09 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

‘Ópticas contemporáneas’ programa no Gaiás tres concertos singulares de outono que conectan a música actual con Vivaldi, a historia e a antropoloxía

O ciclo inclúe a estrea en Galicia dunha obra composta especificamente para o multinstrumentista Abraham Cupeiro polo coñecido compositor compostelán Fernando Buide

24/08/2024 | 13:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta promove un ‘Festival da Luz’ sostible ao tempo que pon en valor a excelencia do patrimonio natural de Galicia

Paula Uría destaca as accións dirixidas á cativada para dar a coñecer os espazos naturais da comunidade e a súa diversidade así como outras para o público xeral de concienciación medioambiental como os espazos de recarga de vehículos e outros dispositivos eléctricos ou os contedores para a recollida selectiva de residuos

24/08/2024 | 12:14 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta reivindica a dinamización do rural a través da cultura co apoio a iniciativas como o Festival dos Eidos

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na novena edición deste encontro multidisciplinar, que se desenvolve ata o domingo na sede da Fundación Uxío Novoneyra en Folgoso do Courel

23/08/2024 | 14:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A segunda xeración da aceleradora musical da Xunta ‘Sonemerxente’ amosa o seu talento esta fin de semana no Festival de la Luz

As 12 bandas e artistas desta iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Fundación Paideia Galiza, contan cun escenario propio no evento de Boimorto

22/08/2024 | 16:47 | Axencia de Turismo de Galicia

Merelles reivindica o Festival de la Luz como iniciativa que contribúe a dinamizar turísticamente o rural galego

O director de Turismo de Galicia participou este mediodía na presentación da nova edición deste certame, en Boimorto (A Coruña), que dará comezo mañá venres

21/08/2024 | 13:57 | Axencia de Turismo de Galicia

O Río Verbena Fest convértese nun dos eventos “imprescindibles” de Pontevedra no verán, co respaldo da Xunta

Así se referiu Xosé Merelles a este certame musical, que este xoves presentou xunto ao delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera; o alcalde da cidade e representantes doutras entidades e empresas colaboradoras

18/08/2024 | 10:54 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta fomenta a promoción de novos talentos de música clásica coa colaboración co Festival Groba

O director xeral de Cultura asistirá á apertura do programa de actividades que se prolongará ata o 24 de agosto con concertos, obradoiros, conferencias, clases maxistrais, presentacións de discos e concursos de interpretación

15/08/2024 | 12:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove a alfabetización cultural a través da música clásica co Festival Bal y Gay

O director xeral de Cultura asistirá este serán ao concerto da basílica de San Martiño de Foz, un dos dez enclaves patrimoniais da Mariña lucense que acollen este certame ata o 23 de agosto

14/08/2024 | 11:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

‘Atardecer no Gaiás’ impulsa os novos talentos na música coas actuacións dos galegos Alana e o grupo madrileño Carrera Blanca

Gañadores do Xuventude CREA na categoría de música en 2023, Alana presentará o xoves 15 de agosto o seu primeiro disco, mestura de folk, electrónica e pop