Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.271 novas da área temática Igualdade:

12/12/2025 | 21:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca na entrega dos premios Son Muller 2025 a súa aposta polo emprendemento e o liderado feminino, con 420 iniciativas apoiadas no último ano

A directora xeral de Promoción da Igualdade , María Quintiana, lembrou as axudas do Goberno galego prestan un maior apoio a mulleres maiores de 55 anos, a propostas de emprendemento no rural e en sectores masculinizados

11/12/2025 | 19:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora coas entidades locais na prevención e sensibilización da violencia de xénero en todas as súas manifestacións

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, sinalou a importancia de que as accións de concienciación á cidadanía se realicen ao longo do ano e poñan o foco nas potenciais vítimas para avanzar na detección

11/12/2025 | 15:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o colectivo AMMIGOBS organizan o vindeiro luns en Lugo unha xornada informativa sobre a interculturalidade e inclusión

Abordará os programas de retorno e a normativa vixente en materia de estranxeiría, e vai dirixida especialmente a persoas traballadoras do ámbito social e colectivos de persoas migrantes asentados na cidade

09/12/2025 | 20:59 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta pon en valor o compromiso da Fundación Celta de Vigo co deporte inclusivo e igualitario

Fabiola García destacou o apoio deste club ás persoas con discapacidade impulsando a súa autonomía, capacidade e integración

04/12/2025 | 16:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia o primeiro estudo académico de España específico sobre a situación das mulleres lesbianas nunha comunidade autónoma

O estudo A situación das mulleres lesbianas* en Galicia, impulsado por LesWorking, sitúa como unha das grandes materias pendentes a súa visibilidade para conseguir crear referentes culturais

03/12/2025 | 18:04 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García volve reclamar ao Goberno central información sobre o impacto en Galicia dos fallos detectados nas pulseras antimaltrato

A conselleira de Política Social e Igualdade tamén reclama ao Executivo que dote a Galicia de “máis medios e recursos” para a loita contra esta lacra

03/12/2025 | 17:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta enxalza as accións que visibilizan as habilidades das persoas con discapacidade e fomentan unha sociedade comprometida coa inclusión

A directora xeral de Promoción da Igualdade sinalou que as entidades sociais son un piar fundamental á hora de avanzar na integración social

03/12/2025 | 14:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que máis de 300 familias se beneficiaron dos programas de preservación familiar, que melloran a convivencia na contorna e evitan situacións de desamparo

Un informe elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela revela que estes recursos teñen un impacto positivo no benestar infantil

28/11/2025 | 18:48 | C. de Política Social e Igualdade

As condicións meteorolóxicas adversas obrigan a Xunta a suspender a tradicional andaina Camiño ao Respecto prevista para mañá en Santiago

A situación meteorolóxica prevista por Meteogalicia para a capital e a súa contorna desaconsellan a realización desta marcha co obxectivo de garantir a seguridade dos participantes

27/11/2025 | 18:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que a atención xurídica gratuíta para as vítimas de violencia de xénero é fundamental para evitar a revitimización e garantir a súa recuperación

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero detallou o paquete de medidas que Galicia pon a disposición de todas as mulleres vítimas do machismo e que é un dos máis completos do país