Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.100 novas da área temática Vivenda:

12/03/2026 | 14:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Leiro colaboran na humanización da Rúa Rei de Viana, que suporá un investimento de 240.000 €

A través desta intervención, abordarase a repavimentación desta rúa que une a Casa Consistorial coa Biblioteca, ademais de actuar nas redes de saneamento e abastecemento,  na reparación do mobiliario urbano e na renovación da iluminación

12/03/2026 | 12:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda sitúa a construción industrializada como peza clave para axilizar a entrega de vivenda e modernizar o sector en Galicia

Destaca que en 2026 se licitan 392 vivendas públicas baixo este modelo cun investimento de máis de 74 millóns de euros

11/03/2026 | 17:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina con 4 entidades bancarias os convenios para impulsar o aval dirixido a facilitar a adquisición da primeira vivenda, especialmente para menores de 36 anos

Destínanse 5M€ de fondos propios da Xunta a avalar o préstamo hipotecario na adquisición por parte da mocidade do seu fogar, mentres que no caso de vivenda protexida non existe límite de idade para acceder a estes avais

11/03/2026 | 14:26 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda destaca a aposta da Xunta por habilitar vivenda pública en Vigo con máis de 900 inmobles xa en marcha en San Paio de Navia

Subliña que “se concentran os esforzos onde hai unha maior demanda” e Vigo é a cidade galega na que o Goberno autonómico está a promover máis inmobles de promoción pública

11/03/2026 | 12:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que neste primeiro trimestre a Xunta terá convocadas todas as axudas de vivenda do 2026

Convocaranse novas achegas por valor de 2 M€ para acceder a unha vivenda en propiedade cun máximo de 20.000 euros por fogar

11/03/2026 | 11:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue reivindica o papel da Xunta para recuperar as antigas instalacións da ETEA en Vigo para a cidadanía

Lamenta que Concello e Zona Franca tardasen oito meses en aprobar o convenio do PS-1, pese a estar garantido os 10,5M€ de financiamento da Xunta desde había case un ano 

10/03/2026 | 17:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo preside a Comisión Territorial de Coordinación na que se realizou un seguimento das actuacións do Goberno galego na provincia

No encontro realizouse un balance dos dous primeiros meses do ano e analizáronse os ámbitos nos que se produciron avances máis significativos na provincia, especialmente en materia de vivenda, desenvolvemento de solo empresarial e investimentos en educación

10/03/2026 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello de Teo o convenio de cesión dunha parcela municipal na Ramallosa para construír 37 vivendas públicas, cun investimento estimado de 8,8M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica a licitación da redacción do proxecto, dirección e obras e a presentación de ofertas rematará o 12 de maio

10/03/2026 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta construirá arredor de 40 vivendas públicas para menores de 36 anos no concello de Sanxenxo, tras acordar a cesión da parcela da rúa das Cunchas

A parcela, próxima á praia de Silgar é un solo dotacional no que, grazas á modificación normativa aprobada pola Xunta, poderase construír vivenda pública

10/03/2026 | 11:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe no primeiro día 73 solicitudes para o programa de axudas Fogar Vivo, destinado a mobilizar vivendas baleiras e destinalas a alugueiro accesible

Nesta convocatoria, cuxo prazo abriu onte e finalizará o 3 de xuño, a Xunta triplicou o orzamento, chegando aos 2,8M€