Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 823 novas da área temática Xuventude:

05/09/2025 | 12:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta publica a adxudicación de 230 prazas nas residencias xuvenís para o próximo curso

O Goberno galego pon estas residencias ao servizo da xuventude que se vexa obrigada a permanecer fóra do concello onde residen

03/09/2025 | 18:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses lembra que a mocidade pode solicitar axudas para o carné de conducir ata o 25 de setembro

A directora xeral de Xuventude fai este recordatorio durante unha visita ao circuíto de prácticas localizado na parroquia viguesa de Beade 

01/09/2025 | 12:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta reforza o compromiso ambiental da mocidade galega do exterior no campamento vilanovés das Sinas a través de ‘Conecta co voluntariado en Galicia’

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo de relevo que este voluntariado “é unha maneira de coidar Galicia e, ao tempo, de proxectar a súa cultura e valores máis alá das nosas fronteiras”

30/08/2025 | 15:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta dará a coñecer o seu servizo Quérote+ entre o alumnado universitario coincidindo co inicio do curso

Instalaranse mesas informativas e se celebrarán obradoiros sobre as relacións igualitarias, respectuosas e o bo trato entre os días 3 e 24 de setembro

29/08/2025 | 13:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comproba as melloras realizadas este verán nas escolas infantís de Cambre da rede pública autonómica

Destináronse 25.000 euros a diferentes actuacións para renovar os servizos de cara ao inicio do novo curso escolar o vindeiro día 5 de setembro

29/08/2025 | 10:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre o prazo da 16 edición do Xuventude Crea polo que xa pasaron máis de 5.300 mozos e mozas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para a presentación de solicitudes, que comeza mañá e remata o vindeiro 29 de setembro

28/08/2025 | 13:56 | C. de Política Social e Igualdade
26/08/2025 | 12:18 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove en Ferrolterra o ocio vinculado ás actividades náuticas a través dunha nova edición do minicampamento ‘Valdoviño Mariño V’

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá á vintena de nenos e nenas que participan esta semana na última quenda desta proposta lúdica incluída na campaña de verán 2025 da Xunta

26/08/2025 | 11:18 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta continúa a adherir entidades ás vantaxes que ofrece o Carné Xove coa incorporación de Ikea

Coa promoción, os usuarios do carné, de entre 18 e 30 anos, recibirán nunha tarxeta agasallo a cantidade equivalente ao 15% do seu gasto en compras de 250€ ou máis

26/08/2025 | 10:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses reúnese coa mocidade participante no programa da Xunta de intercambio xuvenil con Xapón

Un total de 15 rapaces e rapazas viaxarán, do 7 ao 12 de setembro, á Prefectura de Wakayama, cuxo Camiño Kumano está irmandado co de Santiago