Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.200 novas da área temática Medio ambiente:

20/12/2025 | 13:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convocará en xaneiro por 2 M€ axudas a particulares para mellorar a imaxe exterior das súas vivendas e doutros bens

Ángeles Vázquez destaca o incremento da dotación reservada a esta liña en 2026, que duplica o orzamento deste ano e co que prevé chegar a máis de 700 cidadáns

20/12/2025 | 13:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo avoga por un consumo sostible e responsable para reducir o desperdicio alimentario no Nadal

A campaña desenvolvese nas vindeiras xornadas en diferentes prazas de abastos, da Coruña: San Agustín, Monte Alto, Elviña, Conchiñas e Praza de Lugo

20/12/2025 | 10:02 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde recibe tres novos recoñecementos internacionais pola promoción de políticas contra o impacto ambiental na actividade asistencial

Foi recoñecido coa distinción de ouro nos prestixiosos Premios Health Care Climate Challenge Awards na categoría de resiliencia climática, liderado climático e mitigación do cambio climático

19/12/2025 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo presenta a nova desbrozadora de brazo adquirida polo Concello de Outes que contou cunha achega da Xunta de 30.000 €

Este Concello recibiu tamén outra subvención de máis de 13.000 euros para a contratación, o pasado verán, durante 3 meses, dunha brigada ambiental con 4 traballadores, compartida con Mazaricos

19/12/2025 | 14:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta leva aos mercados de Vigo a campaña para reducir o desperdicio alimentario no Nadal

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou o Mercado do Progreso no marco da iniciativa Nestas datas, que non sobren as sobras!

19/12/2025 | 13:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta achega ao mercado da Magdalena de Ferrol unha campaña de concienciación contra o desperdicio alimentario nestas festas

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou nesta iniciativa promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e que consistiu na distribución de culleres de madeira cun QR con receitas de aproveitamento das sobras de Nadal

19/12/2025 | 13:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga por un consumo sostible e responsable para reducir o desperdicio alimentario no Nadal

Ángeles Vázquez lembra a importancia dunha boa planificación previa, utilizando por exemplo listas cos produtos necesarios e evitando compras impulsivas, para mercar só aquelo que sexa preciso en función do menú e do número de comensais

19/12/2025 | 13:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta organiza distintas actividades no Nadal para difundir entre a cativada a riqueza natural e cultural do Parque Nacional das Illas Atlánticas

O Executivo galego programa sete accións lúdicas e obradoiros desde mañá ata o 5 de xaneiro adaptados a diferentes idades cunha oferta de máis dun cento de prazas nas que as persoas interesadas poden inscribirse totalmente de balde

19/12/2025 | 12:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental con condicións ao novo parque empresarial de Cabana de Bergantiños

O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna e inclúe condicionantes en aspectos como a protección do patrimonio natural, a xestión da auga ou dos ruídos

18/12/2025 | 14:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pide a colaboración de todo o sector porcino e dos cazadores para actuar coordinados na xestión das poboacións de xabaril

Ángeles Vázquez lembrou tamén a importancia de contar coa colaboración das administracións locais e cidadanía para lograr manter limpas e desbrozadas as zonas periurbanas co fin de evitar que a especie atope nelas refuxio e alimento