Actualidade
Buscador de novas
A Xunta colaborará cos concellos de Ferrolterra para mellorar o abastecemento na zona
Logo de que os municipios lle trasladaran que o arranxo da tubaxe das Pías é unha cuestión prioritaria, Roi Fernández compromete a participación do organismo hidráulico neste proxecto e ofrece apoio tamén para planificar solucións alternativas unha vez completen a auditoría das súas redes
A Xunta iniciará esta fin de semana a retirada paulatina das barreiras filtrantes instaladas para o control do vertido de puríns en Tordoia
Esa retirada realizarase de forma progresiva e condicionada en todo momento aos resultados das analíticas que se continúan realizando
A Xunta e o Concello de Mos destinan 155.000 euros á ampliación e mellora da rede de saneamento na parroquia de Louredo
Esta actuación, coa que se prevé dar servizo ata a 80 habitantes, consiste na execución de 517 metros de nova rede, 19 pozos de rexistro e 10 derivacións para futuras conexións de vivendas no lugar do camiño da Costa Redonda a Arrufana
A Xunta declara en situación de seca prolongada os sistemas do Ulla-Tambre e da Costa Norte ante a evolución á baixa dos indicadores e as predicións meteorolóxicas
Un total de 74 concellos están afectados por este escenario, que non implica por si mesmo restricións nos usos pero permite, cando proceda, adaptar o réxime de caudais ecolóxicos ás condicións actuais
A Xunta e o Concello de Malpica de Bergantiños destinan 1,25 M€ á construción dunha estación depuradora e dunha rede de saneamento no lugar de Beo
Ángeles Vázquez sinala que esta actuación permitirá, ademais de garantir un servizo de calidade a veciñanza, mellorar a xestión das augas residuais e a protección do medio natural, así como garantir un bo estado ecolóxico das augas
A Xunta informa de que a afección do vertido de Tordoia segue a reducirse e confirma a efectividade das barreiras fluviais instaladas por Augas de Galicia
Os resultados analíticos das mostras tomadas ao longo dos tramos afectados constatan unha evolución favorable e que os valores de amonio detectados diminuíron nunhas 40 veces desde o primeiro día, achegándose xa a limiares de normalidade
A Xunta concede unha prórroga para ocupar 240 m2 do dominio público en Sanxenxo destinados a un galpón e unha toma de auga dunha cetárea
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve estender por un prazo de 10 anos o título de ocupación, que o promotor solicitara prorrogar en 2017
A Xunta traslada aos concellos de Oroso, Tordoia, Trazo e Santiago os bos datos da evolución da calidade da auga tras o vertido ao río Bustelo e confirma que non se prevén afectacións ao abastecemento
Roi Fernández explica que os resultados analíticos máis recentes desbotan, polo momento, a chegada de puríns á ETAP que dá servizo a Santiago de Compostela e que os valores de elementos contaminantes se sitúan moi por debaixo do limiar límite empregado como referencia para o bo estado das masas de auga
A Xunta mantén o dispositivo de vixilancia, control e contención nos tramos fluviais afectados polo vertido de puríns dunha explotación en Tordoia
Ángeles Vázquez informa de que non hai afección para a auga potable de Tordoia, Santiago de Compostela, Trazo e Oroso