Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.534 novas da área temática Deporte:

21/08/2026 | 15:49 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a súa aposta polo Abanca Pantin Classic Galicia surf como escaparate internacional do destino nos eidos turístico e deportivo

O director de Turismo de Galicia, o secretario xeral do Deporte e a delegada territorial da Xunta en Ferrol participaron esta mañá na presentación da competición que reunirá do 22 ao 30 de agosto no areal de Valdoviño ao máis destacado do surf internacional

20/08/2026 | 13:43 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia o torneo 3X3 Go! Go! Zo! como exemplo do potencial do turismo deportivo en Galicia

O comisario do Xacobeo 2027 participou na presentación da terceira edición deste torneo de baloncesto 3x3, no que participarán preto de 300 participantes

17/08/2026 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Villares pon en valor os máis de 744.000 euros que a Xunta destina a mellorar infraestruturas municipais na provincia de Lugo

O delegado territorial visitou a parcela de Feira do Monte, en Cospeito, na que se construirá unha pista deportiva ao abeiro da orde de infraestruturas de uso público deste ano

13/08/2026 | 12:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a ampliación do polideportivo municipal de Barbadás con máis de 612.000 euros das axudas a proxectos estratéxicos

As obras suporán un investimento de máis de 1,2M€ e permitirán crear unha planta con ximnasio, sala polivalente e novos vestiarios, ademais de contribuír á accesibilidade e á eficiencia enerxética do edificio

12/08/2026 | 17:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo asiste á recepción oficial aos equipos participantes no LXXXI Trofeo Teresa Herrera

Xa pola tarde, a delegada da Xunta asistiu no estadio de Riazor ao encontro masculino do LXXXI Trofeo Teresa Herrera entre o Real Club Deportivo e o Real Madrid, acompañando á afección coruñesa nunha das grandes citas deportivas do verán

11/08/2026 | 10:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia acada un novo récord no número de deportistas recoñecidos no alto nivel con preto de 1.950

As mulleres, 835, representan un 43% das persoas recoñecidos e acádase tamén un novo máximo histórico de deportistas con diversidade funcional