Actualidade
Buscador de novas
A Xunta activará o Platerga e reforzará o transporte público por estrada no eixo atlántico, en Lugo e na Mariña co gallo da eclipse do 12 de agosto
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, avanzou hoxe esta medida co obxectivo de ofrecer unha alternativa ao vehículo particular nunha xornada na que se prevé un volume elevado de desprazamentos na comunidade
A Xunta acredita a 8.000 alumnos como guías escolares da eclipse tras superar a formación obrigatoria e completar diversas actividades
A iniciativa recoñece a formación do alumnado en astronomía e reforza o compromiso da Xunta co fomento da ciencia nas aulas
A Xunta intensifica a divulgación da eclipse co apoio de dez científicos de centros de investigación galegos
Difundirá ata o 12 de agosto a través das redes sociais unha serie audiovisual de pílulas nas que investigadores de distintas disciplinas explican este fenómeno
A Xunta recoñece os 20 mellores proxectos científicos sobre a eclipse realizados polo alumnado galego
Preto de 500 alumnos participan na xornada de fin de curso da programación dos Polos Creativos dedicada ao gran fenómeno astronómico deste verán
A Filmoteca de Galicia abre xuño cunha sesión sobre cinema e eclipses e rematará o mes con Gabriel Azorín e un pase especial de ‘Onte á noite conquistei Tebas’
A cinemateca da Xunta acolle esta semana varias citas do (S8) Mostra de Cinema Periférico e celebrará o día 12 a clausura de Cinema en curso 2025-2026
Turismo de Galicia pecha con éxito as xornadas sobre a eclipse solar impartidas a máis de 200 profesionais
O director de Turismo de Galicia participou na sesión de clausura que estivo dirixida a informadores e guías do sector turístico para divulgar a oportunidade desta cita
Román Rodríguez coñece de primeira man no Colexio Lamas de Abade o traballo do alumnado para acreditarse como guía escolar da eclipse
O conselleiro destaca o labor dos Polos Creativos na divulgación científica e no achegamento da astronomía e a astrofísica ao estudantado
A Xunta converte a eclipse nunha oportunidade para mellorar o coñecemento científico no ensino
Máis dun centenar de docentes participan na xornada formativa ‘Astronomía sen etiquetas’, con relatores como Enrique Pérez, especializado en divulgación científica inclusiva, o Juan Marcos Álvarez e Eduardo Ojero, ambos vinculados á ESA
Expertos en astronomía formarán a docentes de centros galegos sobre o alcance da eclipse de agosto
A Xunta organiza a xornada formativa ‘Astronomía sen etiquetas’ este sábado na Cidade da Cultura, con máis de 120 inscritos