Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.882 novas da área temática Educación:

18/10/2026 | 13:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca ata o 6 de novembro os Premios Tolerancia Cero fronte ao Acoso para recoñecer o traballo dos centros no reforzo da convivencia

Os centros públicos poderán presentar os proxectos desenvolvidos durante o curso 2025/26 para previr o acoso e o ciberacoso e promover unha convivencia positiva

18/10/2026 | 09:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia apostan polo Proxecto Terra para a sensibilización á mocidade sobre o respecto ao territorio

As actuacións proxectadas ao abeiro deste convenio, que se levarán a cabo ata o ano 2028, contarán cun orzamento de 437.000 euros

17/10/2026 | 11:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez afirma que os orzamentos 2027 da Xunta manteñen o compromiso coa mellora dos centros educativos e coa I+G+ i en Vigo

O proxecto de lei de orzamentos aprobado onte no Consello da Xunta dá continuidade ao apoio á Universidade de Vigo no sostemento dos diferentes programas e centros de investigación

16/10/2026 | 14:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Integrado de FP Paseo das Pontes convértese no primeiro de referencia nacional en téxtil, confección e pel

Román Rodríguez salienta que esta distinción ratifica a calidade destas ensinanzas en Galicia, que representan un exemplo de prestixio e innovación a nivel estatal

16/10/2026 | 14:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Educación recoñece a excelencia de 20 estudantes cos premios extraordinarios de Bacharelato

A Xunta pon así en valor o traballo e esforzo do alumnado que mellores cualificacións acada ao remate desta etapa e mellores puntuacións obtén na proba específica para outorgar estes galardóns

16/10/2026 | 12:55 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa a Cátedra do Camiño coa USC para reforzar a investigación e a formación cara ao Xacobeo 2027

O director de Turismo de Galicia participou na presentación da nova programación que incluirá tres axudas internacionais á investigación, formación online sobre o Camiño e un novo concurso audiovisual

15/10/2026 | 15:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación avanza no deseño do novo programa de reforzo da lectura para implantalo xa este curso en 3º e 4º de Primaria

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, preside a primeira reunión do grupo de traballo, integrado por profesionais especialistas na materia

14/10/2026 | 17:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
14/10/2026 | 13:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A Xunta desenvolve estes días o programa piloto de vacinación fronte á gripe en 12 centros educativos lucenses

O delegado territorial, Alfonso Villares, explicou na Escola de Educación Infantil de Vilalba que o obxectivo é chegar a 3.151 escolares na provincia, incrementando nun 37,5% os destinatarios do pasado ano

14/10/2026 | 13:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a aposta da Xunta polo reforzo da convivencia co obxectivo de previr, intervir e protexer tanto ao alumnado como ao profesorado

Subliña que o clima de convivencia en Galicia “é bo” e que a inmensa maioría dos alumnos e das familias “poden estar absolutamente tranquilos”, pero que aquelas persoas que poidan chegar a agredir “saiban que non lles vai saír gratis”