Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 562 novas da área temática Enerxía:

14/07/2026 | 14:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca o potencial de Galicia para ser un referente na reutilización de baterías de vehículos eléctricos, un sector clave na transición ecolóxica

Ángeles Vázquez explica que desde 2024 a planta pontevedresa desenvolve un proxecto piloto e pioneiro en Galicia que permite desmontar e analizar cada cela de ión-litio para aproveitalas na fabricación de novos sistemas de almacenamento

14/07/2026 | 11:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina os 3 M€ da liña competitiva do Fondo de Compensación Ambiental a máis dun cento de proxectos de entidades locais

O Diario Oficial de Galicia publica as iniciativas presentadas polas entidades beneficiarias, unha ducia delas promovidas por mancomunidades e consorcios, 16 por agrupacións de concellos e 80 proxectos de concellos, para accións a prol da biodiversidade, do coñecemento dos recursos naturais, da recuperación da contorna e da eficiencia enerxética

06/07/2026 | 13:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para o almacenamento de enerxía eléctrica no Rosal

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña efectos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

03/07/2026 | 15:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a firma ferrolá Electrorayma colaboran no desenvolvemento dunha ferramenta para dixitalizar procesos técnicos a través da realidade virtual

O director de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, acudiu esta mañá á presentación de SAAM, unha solución innovadora que está a desenvolver o CIS Tecnoloxía e Deseño , dependente da Consellería de Economía e Industria

19/06/2026 | 15:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ITG, Naturgy e Flything desenvolverán unha plataforma enerxética para transformar residuos en produtos de alto valor engadido co apoio da Xunta

A alianza entre o centro tecnolóxico e as empresas é posible grazas ao programa de unidades mixtas de investigación promovido polo Goberno autonómico 

19/06/2026 | 14:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o potencial xeotérmico de Galicia e as oportunidades que ofrece no eido da innovación tecnolóxica e de xeración de emprego

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou en Nigrán nunha xornada sobre esta fonte de enerxía renovable que destaca pola súa estabilidade e sitúa á comunidade á vangarda do noroeste peninsular 

18/06/2026 | 16:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanza unha nova convocatoria para implantar novas comunidades enerxéticas e impulsar o aforro enerxético a través das enerxías renovables

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá na presentación oficial do inicio das obras da comunidade enerxética Romarigo, que promove o concello pontevedrés de Cangas de Morrazo

17/06/2026 | 17:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez agarda que as últimas sentenzas sobre a xestión eólica da Xunta desbloqueen o sector para garantir o progreso enerxético de Galicia

A conselleira explica que a Xunta xa conta xa con seis fallos xudiciais -cinco do Tribunal Supremo e un do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea (TJUE)- a favor do seu modelo de tramitación ambiental eólica

16/06/2026 | 11:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca que proxectos como o da multinacional SAIC contribúen a construír unha Galicia competitiva e industrial

“É un gran logro colectivo, síntoma de que aquí se están a facer as cousas ben”, indicou tras salientar a “estabilidade institucional” que ofrece Galicia