Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.045 novas da área temática Infraestruturas:

28/08/2026 | 16:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Instituto Manuel Murguía de Arteixo estrea instalacións renovadas no inicio de curso

O conselleiro de Educación visitou hoxe o centro, no que se investiron máis de 1,2 M€ para facer unha rehabilitación integral

27/08/2026 | 15:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia un investimento de 1,4 M€ para ampliar o Colexio Vicente Otero Valcárcel de Carral

A obra vai permitir unha nova organización de espazos adaptada ás necesidades actuais deste centro, ofrecendo así unha maior calidade educativa ao alumnado

27/08/2026 | 15:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos erixe a achega de 200.000 € no Teatro Pastor Díaz de Viveiro como mostra do compromiso da Xunta co bo estado das infraestruturas culturais

O representante do Executivo autonómico salienta a colaboración institucional para “manter nas mellores condicións os referentes culturais das localidades galegas”

27/08/2026 | 15:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta investirá 690.000 € en traballos de renovación do Albergue Xuvenil Area en Viveiro

A actuación abrangue a adecuación de baños e vestiarios, ademais de intervir no sistema de calefacción e na rede de saneamento e abastecemento de auga

26/08/2026 | 15:00 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 100.000 euros á mellora de camiños rurais no Concello de Sarria

Alfonso Villares comprobou o resultado dos traballos que se executaron na vía que une San Andrés e Biville con cargo a estas axudas

26/08/2026 | 10:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan específico de acción comunitaria impulsado pola Xunta beneficia preto de 300 entidades locais

O Goberno galego inviste tres millóns de euros nesta iniciativa destinada a asociacións veciñais e de mulleres rurais, así como a comunidades de usuarios de augas

24/08/2026 | 15:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros comproba os avances nas obras do CPI San Sadurniño

A delegada da Xunta en Ferrol visitou hoxe o centro, onde se están a levar a cabo diferentes actuacións puntuais de mellora previas ao inicio de curso escolar

24/08/2026 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Concello de Sanxenxo presentan o Plan director para acometer unha reforma completa do Colexio A Florida nos vindeiros anos

A intervención desenvolverase en tres fases e arranca este mesmo ano coa contratación da redacción do proxecto básico da primeira delas

22/08/2026 | 13:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mellora do firme na estrada AC-841, en Pontevea, farán necesarios desvíos de tráfico na AG-59 durante a noite do luns 24

Para executar as obras na intersección desta vía coa AC-241 será necesario o peche do último treito da AG-59, dende as 20 horas do luns ata as 7 h. do martes

21/08/2026 | 13:48 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 100.000 euros á mellora de espazos públicos en Rábade

Alfonso Villares visitou os traballos de renovación da sinalización viaria no casco urbano que se executan ao abeiro da nova liña de axudas da Consellería do Medio Rural para a creación, mellora e ampliación de servizos básicos en zonas rurais