Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por preto de 460.000 euros o servizo de retirada e valorización do vidro do complexo de Sogama
O obxectivo é incrementar a achega á reciclaxe coa recuperación deste material contido na fracción de rexeitamento da bolsa negra e evitar a súa vertedura
A Xunta avoga pola economía circular, a reutilización e o consumo responsable no surf co Tinglado de Pantín
Este espazo é un mercado de segunda man entre particulares que permite adquirir produtos relacionados con este deporte e avanzar na redución de residuos xerados
A Xunta sinala o proxecto Couto Florido como exemplo dunha política ambiental útil que protexe a natureza, mellora a paisaxe e coida ás persoas e aldeas
Esta iniciativa é un exemplo de colaboración público-privada para revitalizar o rural en materia de paisaxe, flora autóctona e dinamización social
A Xunta pon en valor o compromiso de Sobrado coa xestión de residuos ao ser o concello coruñés de menos de 5.000 habitantes que máis axudas recibe neste eido
Ángeles Vázquez explica que o Goberno galego destina preto de 80.000 euros á mellora do punto limpo desta localidade para adaptalo ás necesidades actuais
A Xunta anima ás pemes galegas a participar no programa Responsabilízate para avanzar na súa sustentabilidade ambiental, social e económica
A quinta edición desta iniciativa pioneira en España ofrece asesoramento personalizado e gratuíto nestes ámbitos ás pequenas e medianas empresas, tras ter beneficiado xa un total próximo ás 700 firmas
Manuel Pardo subliña os preto de 600.000€ que a Xunta destina a 10 concellos ourensáns para o impulso de espazos verdes
O delegado supervisou o resultado das tres actuacións, a instalación de dúas pérgolas, na Casa do Concello e no albergue municipal, e a montaxe de chorros de auga emerxente na praia fluvial, ás que a Xunta destinou 180.000 euros en 2025
A Xunta inicia a primeira parte das obras de mellora da rede de saneamento e depuración no rural de Ferrol cun investimento de máis de 5,7 M€
Ángeles Vázquez salienta que a actuación dará servizo directo a máis de 1.350 persoas e executará infraestruturas necesarias para continuar nas seguintes fases coa conexión doutras zonas do rural de Ferrol á rede xeral de saneamento
A Xunta dá luz verde ambiental ao plan especial de infraestruturas e dotacións para a execución dun centro de equitación no Concello de Abegondo
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos no ámbito de actuación, pero inclúe condicionantes para introducir melloras nalgunhas cuestións
A Unidade de Investigación de conservación da natureza da Xunta decomisa 154,7 kg de berberecho no Parque Natural de Corrubedo por extracción ilegal
Os axentes da UICON detectaron a infracción durante un operativo de vixilancia antifurtivismo, coa presenza de 4 furtivos nunha zona restrinxida deste espazo natural
A Xunta inviste preto de 150.000 euros na mellora do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo Cotobade
O delegado territorial visitou as instalacións para coñecer de primeira man o funcionamento deste espazo e as melloras realizadas