Actualidade
Buscador de novas
O Centro Dramático Galego estrea en paralelo as coproducións 'Somos os monstros' no Salón Teatro e 'A Fortaleza' no festival Expressão Ibérica do Porto
A primeira peza, con texto de Paula Carballeira e dirección de Magda Labarga, poderá verse do venres 22 ao domingo 24 en Santiago de Compostela
A sétima edición da Galicia Desing Week expande desde A Coruña o mellor deseño do noroeste peninsular coa colaboración da Xunta
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Instituto Galego de Promoción Económica contribúen ao encontro que se desenvolve ata o 23 de maio con conferencias, obradoiros, música, gastronomía e mostras de servizos e produtos
López Campos aborda co alcalde de San Cristovo de Cea colaboracións en infraestruturas culturais e patrimoniais de cara á celebración do Xacobeo 2027
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita este concello como mostra do compromiso e cooperación da Xunta coas administracións locais de todo o territorio
A Xunta leva a Viveiro a exposición de rúa ‘Botamos un baile?’ para pór en valor a historia das orquestras en Galicia
O proxecto nace a raíz dunha mostra que acolleu a Biblioteca de Galicia en 2023, agora adaptada a un formato de rúa que está a viaxar por vilas da Comunidade
A Xunta apoia a promoción no Festival de Cannes da película 'Océano Titánico', coproducida por Frida Films
A longametraxe proxéctase mañá na Sala Debussy do Palais, no marco da sección ‘Un Certain Regard’ do prestixioso certame francés, e será a protagonista dun evento específico con axentes do sector
A Xunta achégalles aos escolares da Pobra de Trives o oficio tradicional dos zoqueiros
A artesá Elena Ferro estivo no CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso para amosar o proceso de elaboración dos zocos, no marco da unidade didáctica Eu son zoqueira
A Xunta colabora coa I Floralia de Proendos, que se celebrará o 30 de maio para poñer en valor o xacemento arqueolóxico de Sober
A xornada inclúe exposicións, obradoiros e visitas guiadas para achegar ao público a relevancia patrimonial e arqueolóxica deste enclave da Ribeira Sacra
Xosé Merelles inaugura a asemblea xeral da Federación de asociacións de periodistas de España que se celebra en Galicia co apoio da Xunta
O director de Turismo salientou que o Xacobeo 2027 será un importante elemento tractor para atraer congresos, convencións e encontros profesionais
A Xunta participa na Feira Internacional do Cómic 2026 ‘Ficomic Barcelona’ con máis dun cento de títulos
O Goberno galego conta cun expositor propio no que se presentan publicacións actuais e as editoriais máis representativas deste xénero