Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.100 novas da área temática Vivenda:

04/03/2026 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 2,5 M€ na urbanización do solo da Baiuca-A Penouqueira en Arteixo para favorecer a construción de 160 vivendas

A conselleira subliña que a aprobación inicial do PIA supón “o comezo dun novo barrio, céntrico, con novos fogares, ben comunicado, con espazos verdes, zonas de lecer e servizos ”

04/03/2026 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Consorcio Casco Vello adxudica a construción dun novo edificio na rúa Alta cun investimento de 1,47 M€ para cinco novas vivendas de protección autonómica

A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, destaca a recuperación de catro parcelas do barrio histórico

03/03/2026 | 17:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
02/03/2026 | 17:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Ribadavia colaboran nas obras de embelecemento do núcleo rural de Ventosela, cuxo investimento total suma 470.000 €

A través desta intervención, pavimentarase a rúa principal do lugar de Ventosela, e abordarase a renovación dos servizos urbanísticos e o soterrado dos tendidos aéreos

02/03/2026 | 15:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para desenvolver solo residencial para 400 vivendas no concello de Marín

Desenvolverase un ámbito en Raposeiras, e das 400 vivendas, un 80% estarán sometidas a algún réxime de protección pública

27/02/2026 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a nova convocatoria de axudas do programa ‘Fogar Vivo’, cunha dotación de 2,8M€ para mobilizar vivendas en alugueiro accesible

Os propietarios interesados en mellorar unha vivenda para alugala, poden presentar as solicitudes dende o luns 9 de marzo ata o próximo 3 de xuño

26/02/2026 | 15:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta estima que o desenvolvemento do PIA de Lavadores, en Vigo, suporá un investimento público e privado de máis de 370 M€

Allegue destacou que ao investimento previsto pola Xunta para a urbanización do ámbito, de 22M€, súmase unha estimación de investimento inducido que acadaría os  350M€

25/02/2026 | 18:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abrirá o 13 de marzo o prazo para solicitar os avais para adquisición de vivenda

O Goberno galego avalará ata un total de 5M€ os préstamos hipotecarios solicitados por menores de 36 anos para compra da súa primeira vivenda

25/02/2026 | 15:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue destaca que a Xunta está a investir 40M€ nas estradas da costa norte e impulsa a variante de Viveiro para mellorar a mobilidade e a seguridade na área

A conselleira sinalou a mellora da AC-862, cunha 1ª fase entre San Sadurniño e O Campo do Hospital xa rematada cun orzamento de 7M€; e unha 2ª ata Ponte Mera, con 7,5M€

24/02/2026 | 15:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira Allegue anuncia a construción de 63 novas vivendas públicas na avenida de Uruguai, en Pontevedra

Allegue indicou que dende a Xunta agardan que o Estado non poña impedimentos na segregación das parcelas