Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 484 noticias de la área temática Emigración:

22/03/2025 | 10:22 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

O secretario xeral da Emigración e o director da Axencia de Turismo de Galicia viaxan a México para promover as oportunidades de retorno a Galicia

Este tipo de accións son fundamentais para informar de primeira man á colectividade galega no exterior sobre as posibilidades reais que existen para o seu regreso e sobre as potencialidades de formación do Centro Superior de Hostelería de Galicia

19/03/2025 | 12:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Descende a cifra de emigrantes galegos no exterior mentres se incrementa o número de descendentes nacidos xa no seu país de destino

Segundo os datos publicados hoxe polo INE, o número de persoas que naceron en Galicia e que residen fóra volve baixar un ano máis, rexistrando 2.172 persoas menos

17/03/2025 | 15:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta rexeita o acordo bilateral do Goberno central con Cataluña respecto as competencias en materia migratoria

Fabiola García advirte que este acordo xera desigualdades entre comunidades e lamenta a falta de información sobre o mesmo

13/03/2025 | 16:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta a importancia da acción exterior para a defensa dos intereses galegos en Bruxelas, o incremento das exportacións ou o apoio á diáspora

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea compareceu a petición propia no Parlamento de Galicia

11/03/2025 | 11:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida os lazos coa comunidade galega do Uruguai e impulsa o fortalecemento dos vencellos sociais, culturais e turísticos con Galicia

José González puxo en valor a importancia de ambas iniciativas, encadradas no paquete de medidas da Estratexia Galicia Retorna, como unha ponte fundamental entre as diferentes xeracións da diáspora galega

10/03/2025 | 18:02 | A Presidencia da Xunta

Rueda mantén un encontro co presidente do Uruguai para estreitar lazos entre os dous territorios

Destaca a unión histórica, cultural e humana entre ambos países como consecuencia da emigración galega

09/03/2025 | 19:53 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración
09/03/2025 | 10:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda reivindica o liderado e o talento femininos como principal camiño cara unha igualdade real e efectiva

Agradece ao Centro Gallego de Avellaneda a súa contribución para preservar a cultura galega

08/03/2025 | 11:53 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda enxalza á comunidade galega na diáspora como os embaixadores de Galicia para as futuras xeracións

O programa ‘Reencontros con Galicia’ facilita que cidadáns de máis de 65 anos residentes no territorio americano poidan visitar Galicia e reconectar coas súas orixes

07/03/2025 | 14:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Rueda destaca o papel fundamental do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires como garante da identidade galega na Arxentina

Agradece o labor de difusión da historia, cultura e lingua galega a diferentes xeracións desde hai máis de 25 anos