Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia con máis de 2,5M€ a investigación en ciencias sociais do Centro Interuniversitario Ecobas
O secretario xeral de Universidades, a directora da Axencia Galega de Innovación e o reitor da UVigo visitan este centro, que conta con 103 investigadores
A Xunta reúnese cos tres centros de investigación interuniversitarios en materia de I+D+i
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional recibe os representantes dos centros CISPAC, ECOBAS e CITMAGA
Rueda aposta por consolidar o Eixo Atlántico como alianza estratéxica e reclama equidade territorial en investimentos e competencias
Reivindica un modelo de cogobernanza multilateral de igualdade para todas as Comunidades sen renunciar á corresponsabilidade en temas como o financiamento autonómico
A Xunta mobiliza máis de 186 M€ en axudas empresariais a través do maior paquete de apoios anticipados na historia do Igape
A directora do Igape, Covadonga Toca, expón no Parlamento de Galicia as actuacións desenvolvidas polo Instituto no primeiro trimestre, no que, por primeira vez, concentráronse 15 liñas de axuda ás que se sumaron despois outras catro de internacionalización
Galicia destaca no Comité das Rexións o novo Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027 con 1.310 M€ de investimento público
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no pleno como coordinador da delegación española nesta asemblea
A Xunta comparte a súa experiencia en lexislación sobre a intelixencia artificial na Universidade de Castela-A Mancha
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia impartiu unha charla no Curso de Formación Continua de Especialización en Dereito Administrativo e Intelixencia Artificial
Galicia acolle por primeira vez a final estatal do programa de lanzamento de satélites da Axencia Espacial Europea
O Centro Integral de loita contra o lume de Toén foi o escenario elixido para a proba, na que o equipo andaluz Zephysat se alzou co primeiro premio
Román Rodríguez subliña a visibilidade que dán á I+D+i galega figuras como o Nobel Kip Thorne
O conselleiro de Ciencia asiste á conferencia deste científico enmarcada no programa ConCiencia de divulgación científica