Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 537 novas da área temática Portos:

13/05/2025 | 17:46 | C. do Mar

A Xunta de Galicia ratifica o seu compromiso co pulo á nautica recreativa na Costa da Morte

­O presidente de Portos de Galicia respondeu a unha pregunta parlamentaria na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo na que clarexou que a regularización dos fondeos do interior da ría de Corme e Laxe corresponde a Costas do Estado

13/05/2025 | 17:11 | C. do Mar

A Xunta fomenta o consumo do produto de proximidade mediante a súa inclusión nos criterios de adxudicación nos procesos de contratación pública

O Goberno galego incorpora de xeito transversal e preceptiva criterios sociais e medioambientais que garden relación co obxecto dos contratos en liña co marco normativo estatal e autonómico vixente

12/05/2025 | 16:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda avalía as inversións da Xunta na cidade e provincia de Lugo en áreas como a educación, a vivenda ou o saneamento

Realizáronse obras nunha vintena de centros escolares da cidade ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica por máis de 14 M€ e estase a rehabilitar o IES Lucus Augusti

08/05/2025 | 19:51 | C. do Mar

Mar contribúe á recuperación e conservación dos hábitats mariños da Confraría de Carreira e Aguiño coa semente de 1,5 millóns de unidades de ameixa babosa

Previamente procedeuse a retirada de depredadores deste molusco e arado do fondo, co fin de favorecer a sustentabilidade e a produtividade destes bancos marisqueiros, así como a súa actividade pesqueira

07/05/2025 | 13:07 | C. do Mar

A Xunta de Galicia remite a Costas do Estado os acordos de reversión de terreos portuarios declarados innecesarios

O Consello do Executivo galego aprobou o traslado do expediente ao Ministerio de Transición Ecolóxica dando así por rematados os trámites de competencia autonómica no procedemento de devolución ao Estado da titularidade de solo que rexistra uso público veciñal para que se transfira, no seu caso, aos Concellos

06/05/2025 | 20:31 | C. do Mar

Villares aborda co sector o estudo de novas medidas que permitan afondar na competitividade e sustentabilidade da actividade pesqueira en Galicia

O titular de Mar trasladou a máxima colaboración da Xunta no desenvolvemento de novas actuacións que permitan dar resposta ás necesidades actuais dos profesionais do mar

06/05/2025 | 16:43 | C. do Mar

Villares reclama unidade a todas as forzas políticas para a exclusión das conservas de atún no Acordo de Libre Comercio entre a Unión Europea e Tailandia

O titular de Mar destaca que o país asiático, que é o principal produtor mundial, está sendo investigado por organismos internacionais por incumprir os convenios internacionais en materia de dereitos humanos, laborais e ambientais

05/05/2025 | 16:54 | C. do Mar

A Xunta de Galicia renova as luminarias dos peiraos deportivo, comercial e pesqueiro do porto de Sada con tecnoloxía LED de control telemático

O conselleiro do Mar comprobou o desenvolvemento da obra nas instalacións sadenses nas que se inicia unha actuación cun investimento total de 3 millóns de euros que se estenderá a unha trintena de peiraos autonómicos