Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 543 novas da área temática Maiores:

09/08/2025 | 12:57 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García agradece aos establecementos do Carné +65 a súa aposta por contribuír ao envellecemento activo e saudable

A conselleira entregou ao propietario dos apartamentos turísticos Areas o distintivo que o acredita como adherido ao programa

09/08/2025 | 11:48 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García enxalza a aposta do Concello de Poio pola atención de proximidade grazas ao futuro centro de día municipal

A conselleira de Política Social e Igualdade sinalou que o modelo de coidados da Xunta de Galicia busca garantir que os maiores poidan pasar esa etapa das súas vidas no lugar que escollan

05/08/2025 | 13:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inicia a reforma da residencia de maiores da Milagrosa, en Lugo, á que destina 1,7 millóns de euros

O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que se reforzará o illamento, substituirase a cuberta e reorganizaranse espazos para mellorar a eficiencia enerxética, a accesibilidade e confort 

03/08/2025 | 11:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con máis de 53.000 euros a ampliación do centro residencial San José en Betanzos, que dá servizo a unha vintena de maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria destacou que o Executivo galego aposta por un modelo no que os maiores poidan escoller onde e como pasar esa etapa das súas vidas

31/07/2025 | 14:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avanza que traballa coa Ceoma para que a residencia Volta do Castro conte coa certificación de centro libre de suxeicións

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria destacou que con este xa serían tres os centros residenciais públicos recoñecidos por este organismo

30/07/2025 | 15:19 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García acompaña a 200 usuarios de sete residencias de maiores da Xunta na súa primeira xornada de confraternización

A conselleira de Política Social e Igualdade destacou que a xornada de convivencia representa a aposta do Executivo galego por seguir impulsando a vida pública e social na terceira idade

29/07/2025 | 13:43 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca que a nova central multicanle en colaboración coa Cruz Vermella permitirá tecer unha rede contra a soidade non desexada

O servizo ofrecerá atención telefónica gratuíta, seguimento personalizado e puntos presenciais en toda Galicia para detectar e acompañar a quen se atope en situación de illamento

28/07/2025 | 17:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o labor que desenvolve o centro de día de Campo Lameiro no fomento dun envellecemento activo e saudable

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria tamén puxo en valor a unidade de vida activa deste centro que promove a autonomía dos usuarios

27/07/2025 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que segue aberto o prazo da convocatoria de axudas para programas de entidades do Terceiro Sector con cargo ao 0,7% do IRPF

O orzamento inicial destas axudas é de 33M€, que podería elevarse ata 35M€, o que supón un incremento do 7% con respecto á anterior convocatoria