Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.327 novas da área temática Administración pública:

26/02/2026 | 10:26 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará 330.000€ en axudas a concellos de menos de 10.000 habitantes para colaborar nos gastos de implantación dos seus plans de acción municipal fronte a incendios forestais

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria a través da que a Xunta axudará aos concellos máis pequenos a sufragar os custos de persoal dos servizos técnicos profesionais ou ao persoal propio dos municipios que se encargue de elaborar ou revisar estes plans

25/02/2026 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por fórmulas de cooperación intermunicipal como as fusións voluntarias de concellos para garantir a prestación de servizos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes defendeu hoxe no pleno que a xestión compartida de servizos ten prioridade nas distintas liñas de axudas promovidas pola Xunta e salientou que os concellos resultantes dos procesos de fusión voluntaria, comoOza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade, beneficiáronse, en conxunto, de 17 M€ de investimento procedentes do fondo de fusións habilitado pola Administración autonómica

25/02/2026 | 14:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
25/02/2026 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo lembra que a Xunta ten aberto o prazo da orde de axudas do Fondo de Compensación Ambiental destinado aos concellos, dotada con 11,4 M€

O delegado territorial explicou que esta brigada recibiu unha achega de preto de 35.000 euros da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para a adquisición de maquinaria e equipamento para labores de limpeza, recollida e eliminación de residuos, maleza e puntos residuais contaminantes

25/02/2026 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
24/02/2026 | 17:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo e a alcaldesa de Cee avalían as necesidades do concello nun encontro de traballo

A delegada da Xunta destacou a importancia da colaboración institucional entre ambas administracións para dar resposta ás demandas dos veciños de Cee e avanzar na mellora das infraestruturas e servizos públicos do municipio

23/02/2026 | 15:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sanxenxo mellora o acceso á praia de Canelas grazas a unha axuda da Xunta de 24.000 euros

A nova pasarela de madeira está elevada para permitir un maior coidado das dunas

23/02/2026 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo supervisa as obras de mellora de eficiencia enerxética no polideportivo e na piscina municipal realizadas cun apoio da Xunta de 60.000 €

A delegada da Xunta visitou o Concello para coñecer estas accións realizadas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local

22/02/2026 | 11:22 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos destaca o esforzo do Goberno galego para convocar máis de 4.000 prazas de emprego público nesta lexislatura

O conselleiro de Facenda e Administración Pública supervisou o operativo das probas da escala de persoal subalterno e auxiliar de coidadores