Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.795 novas da área temática Economía:

29/01/2026 | 09:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca por máis de 2,7 M€ as axudas de 2026 para a consolidación e impulso das entidades da economía social

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha nova edición do Bono consolida economía social, con achegas que poderán ser de ata 30.000 euros

27/01/2026 | 12:18 | C. de Economía e Industria

Lorenzana lembra que ata o vindeiro 17 de marzo as empresas galegas xa poden solicitar as axudas da Xunta para intelixencia artificial

Galigrain foi unha das empresas beneficiarias o pasado ano desta liña de apoios da Xunta, coa que está a implantar un sistema de planificación de almacenamento baseado en intelixencia artificial

26/01/2026 | 20:14 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda recoñece a Cándido Hermida como un referente do prestixio industrial da comunidade e do selo Galicia Galidade no mundo

Subliña que o éxito do premiado, que emprendeu con 45 anos e hoxe conta cun grupo empresarial que ten presenza en máis de 500 cidades de 80 países

23/01/2026 | 14:48 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que o vindeiro Consello da Xunta aprobará o borrador do plan director do sector TIC, cun orzamento estimado de 60 M€

Sinala que o TIC “leva aumentando moitísimo o seu peso na economía galega” e desde 2020 rexistrou un crecemento en Galicia do 21 por cento, o cal supuxo a entrada de 4.000 novos profesionais

23/01/2026 | 12:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Ana Ortiz participa na entrega de premios da campaña de Nadal do comercio vigués

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo destacou a iniciativa do Centro Comercial Aberto de As Travesas para fomentar o comercio de proximidade

22/01/2026 | 19:32 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda inaugura en Madrid a primeira sede da Oficina Económica de Galicia fóra da comunidade autónoma

Destaca que este novo punto de atención prestará asesoramento ás empresas galegas que traballan en Madrid, e tamén servirá para captar novos investimentos 

22/01/2026 | 15:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta aborda coa Asociación Galega de Carpintería de Ribeira novas vías de colaboración para valorizar a construción naval tradicional en madeira

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visita en Rianxo (A Coruña) as instalacións de Astilleros Catoira e destaca a tradición como un piar fundamental para o desenvolvemento da innovación e a xeración de mercados de maior valor engadido para os recursos forestais

21/01/2026 | 15:23 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que na primeira semana de febreiro sairán as axudas de 3,1 M€ para a mellora de infraestruturas en parques empresariais

Estes apoios cobren ata o 80 por cento do investimento subvencionable cun máximo de 120.000 euros para as solicitudes individuais e de 138.000 para as conxuntas

20/01/2026 | 14:54 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o labor de acompañamento que a Xunta ofrece ás empresas galegas para garantir o mantemento da actividade e o emprego

En 2024 Surco Interiors adquiriu a Maderas Iglesias, especializada agora na fabricación de parqué e derivados e onde traballan actualmente máis de 60 persoas, máis da metade, mulleres