Actualidade
Buscador de novas
A Xunta homenaxea ás mulleres que mantiveron viva a poesía oral na mostra ‘Tesoureiras do noso’ con motivo das Letras Galegas
A exposición dispoñible na Biblioteca de Galicia fai un percorrido pola historia das recollidas, desde o século XVIII ata a actualidade e poderá visitarse ata o mes de setembro
Valentín García agradece a implicación cidadá e empresarial na recollida de voces para o ‘Proxecto Nós’
A iniciativa, impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Universidade de Santiago, busca fomentar a presenza do galego nas plataformas dixitais
A Xunta e Renfe festexan as Letras Galegas nos trens e estacións de ferrocarrís
A imaxe das cantareiras viaxa nos trens de alta velocidade dos corredores A Coruña- Vigo e A Coruña-Ourense, ademais de nas principais estacións galegas
José López Campos acompaña a Oliver Laxe e o equipo de ‘Sirat’ na súa estrea mundial no Festival de Cannes
Subliñou o impacto que para a proxección exterior do noso audiovisual ten a participación, en sección oficial, tanto da nova longa do realizador galego como de ‘Romería’, filmada en Galicia por Carla Simón
A Xunta pon en marcha os exames Celga en liña este ano como iniciativa pioneira entre as comunidades con lingua cooficial
Valentín García destaca que se “continúa a abrir portas ás persoas que non tiveron o galego como lingua nai, sobre todo á poboación chegada do exterior"
López Campos celebra a “implicación e ilusión” das xeracións máis novas en “facer medrar a nosa lingua”
Erixe ao audiovisual como unha “ferramenta imprescindible” da que a Xunta está a tirar proveito para aumentar o prestixio e o emprego do galego entre a cativada
Abre a Feira do libro de Lugo con máis dunha trintena de actividades para poñer en valor o libro galego
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na inauguración desta cita cultural que se celebra na semana das Letras Galegas, que este ano homenaxea ás cantareiras
A Xunta avanza o programa do IV Encontro galego de cultura popular Serán04 que reunirá no Gaiás un milleiro de intérpretes de música e baile tradicional
O encontro regresa en xuño para abrir a programación do verán no Gaiás e encadrado na programación da Consellería de Cultura con motivo das Letras Galegas dedicadas á poesía popular oral e ás cantareiras
Valentín García gaba o “compromiso coa nosa cultura e idioma” dos centros escolares a través do Concurso das Letras Galegas dedicado ás Cantareiras
O certame está convocado polas consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude e a de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional