Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 605 noticias de la área temática Familias:

24/10/2025 | 12:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A escola infantil municipal de Ribadumia mellora a eficiencia enerxética co apoio da Xunta

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as instalacións para comprobar as actuacións realizadas no marco da liña de axudas plurianual cofinanciada con fondos Feder

23/10/2025 | 15:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia un investimento en 2026 de 73,6 M€ en obras en centros educativos, un 4% máis

O conselleiro de Educación destaca no Colexio de Agolada que con este reforzo se avanzará na execución do Plan de nova arquitectura pedagóxica

23/10/2025 | 14:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta denuncia que as axudas do Goberno central para persoas con ELA só chegaran ao 5% dos doentes e que os obrigará a someterse a unha nova valoración

O Goberno galego considera que o acceso ao novo grao III+ “será extremadamente complexo”, xa que moitos dos enfermos falecen antes de cumprir os novos requisitos que se esixirán aos que estean en fases máis avanzadas

23/10/2025 | 13:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a mellora do centro de día de Outes, que forma parte da rede pública autonómica

Invístense preto de 20.000 euros nesta actuación, centrada na impermeabilización das fachadas e terrazas do equipamento

23/10/2025 | 12:29 | C. de Facenda e Administración Pública

As medidas tributarias aprobadas polo Goberno galego permitiron aforrar á cidadanía máis de 1.600 M€ desde o 2020

O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para explicar as contas do seu departamento

22/10/2025 | 15:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comprométese a asumir en solitario a suba dos convenios colectivos da discapacidade

Fabiola García lembrou que nos últimos anos se crearon novas prazas públicas para a atención das persoas con discapacidade ata acadar as máis de 5.900

22/10/2025 | 14:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; Secretaría Xeral para o Deporte
22/10/2025 | 13:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arias anima a utilizar os "Puntos Laranxa" nos centros educativos para informar sobre posibles casos de acoso

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a Xunta desenvolve un plan integral contra calquera tipo de violencia ou discriminación aos menores nas aulas ou no contorno dixital

19/10/2025 | 14:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avogar por fomentar a participación de nenos e mozos en todos os temas que lles afectan

Os participantes debateron sobre os dereitos dixitais dos menores e sobre como acadar que internet sexa un espazo seguro e positivo para todos.