Actualidade
Buscador de novas
O colectivo ‘Egeria’ presenta o libro ‘Lugopoética 2025’, que conta coa colaboración da Xunta
O secretario xeral da Lingua, Valentín García; e o delegado territorial, Javier Arias, participaron na presentación da publicación, resultado de seis encontros con autores lucenses co fin de divulgar a riqueza e o potencial da creación poética na provincia
A Xunta impulsa en Mazaricos a divulgación do oficio dos zoqueiros dentro do proxecto Artesanía na Escola
A artesá Elena Ferro amosoulle esta mañá aos nenos e nenas do CEIP Víctor Sáenz de San Cosme de Antes o oficio da elaboración de zocos, como complemento á unidade didáctica Eu son zoqueira
A Casa de Galicia en Madrid pon en valor o Corpus Christi de Ponteareas e a súa proxección internacional
O director da Casa de Galicia destacou as alfombras florais de Ponteareas como exemplo de Galicia Calidade
A Xunta lanza dúas convocatorias para promover a creación e difusión da danza co centro coreográfico e participar na ‘Quinzena de Almada’
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude abre ata o 25 de maio as inscricións para realizar tres espectáculos, cun investimento total de preto de 55.000€
A Xunta celebra o Día dos Museos con máis dunha trintena de propostas nos seus equipamentos
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude desenvolve esta programación en 11 espazos poñéndoos en valor como lugares de aprendizaxe cultural e convivencia
A Xunta abre un novo espazo cultural en Vigo e programa unha xornada inédita con músicos e creadores locais no museo do Mar de Galicia
A delegada territorial, Ana Ortiz, e a directora do museo, Marta Lucio, deseñan un novo evento en xullo xunto á Asociación Sociocultural e Deportiva Over
A Xunta renova a súa colaboración coas festas de San Isidro da Piringalla, en Lugo, que arrincan o xoves
O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación da celebración, que se prolongará ata o luns 18 con actuacións de varios grupos e orquestras, atraccións infantís e outras propostas para todos os públicos
A Xunta colabora na segunda campaña arqueolóxica nas Cíes que confirma a ocupación do Castro das Hortas desde a época castrexa ata a Idade Media
Grazas aos traballos desenvolvidos nas últimas semanas, o Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo constata a presenza dun importante asentamento humano previo á chegada dos romanos ás illas
A Xunta apoia unha nova edición da proba que une deporte e cultura no Día das Letras Galegas
Destacan esta “maneira diferente de celebrar a efeméride aproveitando a gran resposta deste tipo de convocatorias para fomentar o interese pola literatura galega”