Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 442 novas da área temática Emigración:

14/10/2024 | 12:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta mantén o seu compromiso coas persoas autónomas e emprendedoras retornadas que se queiran asentar en Galicia

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá en Pontedeume o obradoiro de chapeus e toucados artesanais de Natalia Domínguez, unha galega retornada dende Bos Aires, beneficiaria dunha achega autonómica para o autoemprego e a actividade emprendedora de emigrantes retornados

14/10/2024 | 10:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración
13/10/2024 | 12:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O secretario xeral da Emigración reitera o apoio da Xunta á colectividade galega no encontro cultural celebrado na Casa de Galicia de Nova York

Antonio Rodríguez Miranda referiuse ao centro como un referente para os galegos nesta cidade, desempeñando un papel fundamental na preservación da nosa cultura

12/10/2024 | 18:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O secretario xeral da Emigración destaca en Newark o papel das comunidades galegas como embaixadoras culturais nos Estados Unidos

Antonio Rodríguez Miranda tamén mantivo un encontro coa directiva do Centro Ourensán de Newark, co obxectivo de analizar os proxectos de futuro e as necesidades da entidade

09/10/2024 | 12:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O secretario xeral da Emigración destaca nas súas visitas ás persoas participantes de ‘Reencontros con Galicia’ que algunha non volvera desde que emigrara

Os beneficiarios deste programa -no que colabora a Consellería de Política Social e Igualdade- teñen unha media de idade de 78 anos e entre eles destaca a persoa de maior idade, de 96 anos, que chegou desde O Uruguai

08/10/2024 | 13:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Política Social e Igualdade

O secretario xeral da Emigración dá a benvida aos maiores do exterior que participan no programa ‘Reencontros con Galicia’

Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, levarase a cabo do 8 ao 19 de outubro

07/10/2024 | 10:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Oficina Móbil de Retorno da Xunta reanuda este martes o seu percorrido por Galicia, consolidándose como un recurso clave para facilitar a chegada dos galegos do exterior

Este servizo complementa as oficinas permanentes de atención ao retorno situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo

01/10/2024 | 12:44 | A Presidencia da Xunta

Rueda traslada ao embaixador da Arxentina o compromiso de afianzar as relacións para avanzar nos intereses das empresas galegas e da colectividade

Salientou a importancia de colaborar en materia pesqueira, onde as compañías galega xeran 5.500 empregos na Arxentina

23/09/2024 | 09:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza da man dos principais sectores produtivos no reto de abordar a cobertura das vacantes laborais e a captación de talento

José González puxo en valor o esforzo conxunto público-privado que supoñen estas xornadas para abordar en común co tecido produtivo un reto de tanto calado como é o de dar resposta á demanda de man de obra que precisan

22/09/2024 | 16:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia apoia a carreira solidaria organizada pola sociedade beneficente Rosalía de Castro, que reúne en São Paulo a miles de persoas

O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participa nesta cita benéfica, que conta co apoio da Xunta de Galicia para reforzar o compromiso coa comunidade galega en São Paulo