Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Forestal:

06/03/2026 | 13:02 | C. do Medio Rural

Manuel Pardo apela á coordinación das administracións na prevención dos incendios forestais

O delegado territorial salientou que a prevención é unha prioridade para o Goberno autonómico, un compromiso que, explicou, se demostra con feitos, referíndose así ao incremento do 50 % do orzamento para este concepto, que no ano 2026 ascende ata os 75,38 millóns de euros

05/03/2026 | 19:40 | C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca que 76 concellos da provincia xa se sumaron ao convenio de xestión de biomasa nas faixas secundarias

A delegada da Xunta informou deste convenio aos alcaldes durante unha xuntanza na que tamén participaron a directora territorial da Consellería de Medio Rural, Nieves Mancebo e o xefe de Servizo de Prevención de Incendios Forestais, Guillermo Aceval

05/03/2026 | 18:24 | C. do Medio Rural

Medio Rural avanza na cobertura de prazas do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais e abrirá mesas de diálogo para melloras específicas

A secretaria xeral técnica da Consellería e o director xeral de Defensa do Monte mantiveron hoxe unha reunión coas diferentes organizacións sindicais de cara á planificación da provisión de prazas do SPIF para a campaña de alto risco deste ano

05/03/2026 | 18:24 | C. do Medio Rural

A Xunta informa aos concellos da provincia de Pontevedra sobre o novo convenio de xestión de biomasa nas faixas secundarias

O obxectivo é seguir colaborando na prevención de incendios  forestais e facilitar ás entidades locais e aos propietarios particulares o cumprimento das súas obrigas nesta materia

05/03/2026 | 17:41 | C. do Medio Rural

A Xunta informa aos concellos da provincia de Lugo sobre o novo convenio de xestión de biomasa nas faixas secundarias

O obxectivo é seguir colaborando na prevención de incendios forestais e facilitar ás entidades locais e aos propietarios particulares o cumprimento das súas obrigas nesta materia

05/03/2026 | 15:18 | C. do Medio Rural

A Xunta segue reforzando cos concellos ourensáns a colaboración na loita contra os incendios forestais

A conselleira María José Gómez e o delegado da Xunta en Ourense mantiveron hoxe cadansúa xuntanza cos alcaldes da Mancomunidade de concellos Santa Águeda e cos rexedores municipais da comarca da Baixa Limia para avanzar nesta cooperación

05/03/2026 | 15:04 | C. do Medio Rural

Medio Rural destinou preto de 300.000 euros para a restauración de montes afectados polos incendios no concello das Neves

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, visitou hoxe os terreos da comunidade de montes veciñais en man común de San Xosé de Ribarteme onde se actuou en máis de 60 hectáreas

04/03/2026 | 13:38 | C. do Medio Rural

Medio Rural lembra ás comunidades de montes veciñais que deben reinvertir polo menos o 10 % dos seus ingresos en prevención de incendios forestais

A modificación do artigo 125 da Lei de montes inclúe esta obriga dentro da esixencia de destinar a cota de reinvestimento, dun mínimo do 40 %, na mellora, protección e xestión do propio monte