Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 511 novas da área temática Dixital:

24/01/2025 | 10:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede máis de 8 M€ a máis de 500 axudas para a transformación e a modernización e dixitalización das frotas de transportes de viaxeiros e de mercadorías

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións das subvencións outorgadas no último trimestre do ano en ambas convocatorias

23/01/2025 | 16:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A directora xeral de FP comproba no CIFP A Farixa o uso da nova ferramenta de aprendizaxe de inglés con IA

Eugenia Pérez coñece de primeira man o avance deste proxecto innovador a través do cal os alumnos poden recrear situacións reais na aula interactuando con avatares

21/01/2025 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dous docentes do instituto de Zas realizan o primeiro manual escolar galego sobre intelixencia artificial

A directora xeral de Innovación Educativa, Judith Fernández, coñece de primeira man a iniciativa, que complementa as materias impulsadas desde o Goberno galego e que xa suman máis de 3.000 alumnos matriculados

20/01/2025 | 15:15 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os centros educativos galegos ofrecerán por primeira vez este verán máis de 9.000 prazas en campamentos gratuítos

O Consello aproba Dixicamp, un novo programa centrado na mellora das competencias dixitais do alumnado, con especial atención ao de contornas vulnerables

16/01/2025 | 18:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia reúne a expertos internacionais dos eidos da investigación, a universidade e a industria para o descubrimento temperá de fármacos innovadores

A directora da Axencia Galega de Innovación participou nunha xornada organizada pola Fundación Kærtor no marco do Plan de Biotecnoloxía Aplicada á Saúde

15/01/2025 | 18:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta ao Goberno central o proxecto para crear unha fábrica de IA vinculada á investigación sanitaria e solicita o seu apoio

 O conselleiro de Ciencia reúnese en Madrid coa secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, a quen agradece a súa receptividade

14/01/2025 | 17:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a “convocatoria histórica” de 172,6 M€ para promover a competitividade, a innovación e o financiamento para pemes e autónomos

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa no II Foro Innovación Empresarial, levado a cabo no marco do programa Conecta Lugo, onde subliña que no que levamos de semana activáronse “15 liñas de apoio” para facilitar a planificación e as novas iniciativas de pemes e autónomos

11/01/2025 | 11:46 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 3,5 M€ a actualización tecnolóxica, soporte e subministro de software para o sistema sanitario público

Trátase dun servizo necesario debido á continua evolución dos sistemas de información do Sergas, que implican proxectos de historia clínica intelixente, big data, empoderamento do paciente, teleconsulta ou diagnostico de imaxe médica

26/12/2024 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta demanda a integración presencial da Policía Nacional e da Garda Civil na sede do CIAE 112-Galicia para reforzar a coordinación ante emerxencias

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, visitou a Axencia Galega de Emerxencias para participar na entrega de drons á Policía Autonómica, que si está presente na sala do 112

25/12/2024 | 09:46 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A contratación de internet de banda larga no rural de Galicia creceu máis dun 30% desde 2016 e supera xa o 90% dos fogares

A práctica totalidade (99,9%) dos fogares con estudantes dispoñen deste servizo e a porcentaxe baixa ata o 74,3% nos fogares nos que vive unha soa persoa