Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 565 novas da área temática Auga:

25/03/2025 | 15:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina este ano preto de 2,7 M€ a actuacións de conservación fluvial en toda Galicia para incrementar a súa resistencia ante posibles inundacións

Ángeles Vázquez explica que a previsión do Goberno galego é actuar este ano en arredor de 550 quilómetros de ríos galegos coa execución de labores de conservación e limpeza

23/03/2025 | 14:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita o contrato para dotar de servizo de abastecemento de auga a dous núcleos poboacionais no concello de Vilamarín por preto de 230.000 euros

As empresas interesadas teñen de prazo ata o 3 de abril para presentar as súas ofertas para a execución das obras, que contan con cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

16/03/2025 | 12:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A tempada de pesca fluvial comeza en Galicia para os máis de 47.000 afeccionados con licenza vixente

Ángeles Vázquez salienta que un total de 24.530 pescadores menores de idade ou maiores de 65 anos se benefician da exención do pago de taxas, a metade do total

13/03/2025 | 20:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o investimento de máis de 1,2 M€ para previr asolagamentos en Valga

Roi Fernández explica que xa se acometeron dúas das tres actuacións previstas na localidade para minimizar o risco de inundacións na localidade

11/03/2025 | 13:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na mellora da rede de saneamento no río Lameira, en Marín, cun investimento de máis de 3 M€

Entre as intervencións previstas, cómpre resaltar a renovación dun dos colectores chave para o conxunto do sistema e a construción dun novo depósito de retención que regulará e rebaixará os caudais de augas pluviais que chegan ata a EDAR

11/03/2025 | 12:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsa un proxecto pioneiro para estudar o impacto nos encoros da presión humana e mellorar a calidade das súas augas con técnicas innovadoras

De forma piloto a análise centrarase en tres bacías representativas dos distintos tipos de embalses que hai en Galicia co reto de crear unha metodoloxía de estudo e planificación que se poida extrapolar despois a outros puntos da Comunidade

11/03/2025 | 11:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación en varios regos do concello de Ribadeo que suman máis de 12 km

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante cinco semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos 

07/03/2025 | 12:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na ampliación da estación de tratamento de auga potable de Padrón co obxectivo de rematar as obras nun ano e dar servizo a unha poboación potencial de case 90.000 persoas

Cun investimento de preto de 9 M€, Ángeles Vázquez salienta a transcendencia desta actuación para mellorar o abastecemento da marxe dereita da ría de Arousa

06/03/2025 | 13:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon á disposición dos concellos galegos case 7,5 M€ en axudas para mellorar os servizos de saneamento e abastecemento municipais

Por primeira vez, o organismo hidráulico ofrecerá apoios ás entidades locais para a redacción dos seus propios plans de abastecemento autónomo e achegas para fomentar a instalación de foxas sépticas en núcleos de poboación rurais illados

02/03/2025 | 17:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita o contrato de asistencia técnica para a vixilancia e seguimento de vertidos de augas residuais na demarcación Galicia-Costa por valor de 3,3 M€

As empresas interesadas en prestar o servizo teñen de prazo ata o 25 de marzo para presentar as súas propostas