Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.268 novas da área temática Medio ambiente:

06/01/2026 | 11:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Preto de 500.000 persoas visitaron o ano pasado o Parque Nacional das Illas Atlánticas, con récord de afluencia no caso de Cortegada

Cíes foi unha vez máis a illa máis visitada, con case o 66% do total de visitantes, seguida de Ons, Sálvora e Cortegada, que desde 2021 duplicou a cifra de viaxeiros

05/01/2026 | 11:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca axudas para instalar valados fixos cos que previr os ataques do lobo en 2026 cun orzamento de 400.000 euros

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá, martes, 6 de xaneiro

04/01/2026 | 11:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en marcha o Programa de inspección ambiental para 2026 co obxectivo de garantir o cumprimento da normativa sectorial vixente

Este programa enmárcase no Plan de inspección ambiental de Galicia 2025-2030, que define as liñas estratéxicas e o marco de actuación a seguir nese período para ter un control sobre as actividades implantadas no territorio e as repercusións que estas poidan ter sobre o medio ambiente e a saúde

03/01/2026 | 12:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Máis de 4.000 persoas participaron en 2025 nas actividades gratuítas de observación astronómica promovidas pola Xunta nas Illas Atlánticas

Por noveno ano consecutivo, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía organizaron accións de dinamización para dar a coñecer os arquipélagos como destino Starlight

01/01/2026 | 10:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a ampliación dunha planta de fabricación de emulsións asfálticas no parque empresarial de Ordes

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

30/12/2025 | 17:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste preto de 80.000 euros para a diminución da contaminación lumínica no concello da Cañiza

Os traballos consistiron na substitución das antigas luminarias por unhas máis modernas e adaptables, así como dos seus soportes, cableado e cadros eléctricos

30/12/2025 | 15:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a incorporación ao modelo Sogama da mancomunidade serra do Barbanza

A partir deste xoves, 1 de xaneiro, a empresa pública xestionará os refugallos domésticos recollidos pola mancomunidade, que actualmente presta este servizo a un total de nove concellos cunha poboación de algo máis de 87.000 habitantes

29/12/2025 | 17:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste preto de 150.000 euros na mellora do centro de recuperación de fauna silvestre de Cerdedo-Cotobade

O delegado territorial visitou o avance das obras de construción dun novo edificio de dúas plantas que permitirá aumentar o espazo de almacenamento

27/12/2025 | 11:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a valorización e o almacenamento de residuos da construción e demolición no concello de Muxía

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe autonómico e na documentación avaliada

26/12/2025 | 15:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de San Cristovo de Cea destinarán 1 M€ á mellora e posta en marcha da EDAR municipal

Ángeles Vázquez explica que esta actuación permitirá resolver as deficiencias técnicas que presenta a actual infraestrutura municipal, así como dotala de sistemas tecnolóxicos que garantan un funcionamento automatizado e eficiente