Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 978 novas da área temática Territorio:

03/02/2026 | 17:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia participa na segunda edición do Foro Celta para fomentar a cooperación entre rexións do atlántico europeo

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asistiu ao Foro, que reuniu en Glasgow a nacións e rexións de tradición celta e que contou coa participación de Galicia xunto con Escocia, Irlanda, Gales, Cornualles, Illa de Man e Bretaña

03/02/2026 | 12:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia inicia 2026 con 6.176 persoas desempregadas menos e 16.737 afiliacións máis á seguridade social que hai un ano

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, valorou hoxe os datos de desemprego e afiliacións rexistrados en xaneiro, no que a comunidade rexistrou 115.144 persoas desempregadas e 1.083.826 cotizantes á Seguridade Social

02/02/2026 | 16:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade

O Colexio Fingoi 2 de Lugo ofrece desde hoxe o servizo de comedor escolar na aula móbil instalada pola Xunta

O delegado territorial visitou o centro para comprobar o correcto funcionamento do novo espazo, acondicionado por alumnos e profesores do CIFP As Mercedes

01/02/2026 | 12:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta visibiliza o talento e a competitividade da I+G+i a través dunha campaña entre a cidadanía

A Consellería de Ciencia iniciará esta semana unha ampla acción de promoción que difunde a importancia da ciencia e a innovación para a mellora social e económica

31/01/2026 | 14:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para que os galegos do exterior soliciten volver a Galicia a cursar un ciclo de FP

Ata o 30 de abril poden solicitarse as 120 novas prazas para cursar ata seis ciclos distintos de grao medio e superior na modalidade de FP Dual Intensiva

31/01/2026 | 14:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre unha nova casa do maior en Fisterra, a terceira neste concello

Neste servizo aténdese de maneira gratuíta a persoas maiores en situación de dependencia moderada, co obxectivo de favorecer un envellecemento activo e saudable

31/01/2026 | 13:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Deputación de Ourense afondarán na súa colaboración para potenciar os mercados de abastos da provincia como dinamizadores da economía local

O conselleiro e o presidente provincialdefiniron as obras de mellora da praza de Xinzo, nas que cooperan o Goberno galego, a Deputación de Ourense e o Concello, como un modeloa replicar no resto de prazas ourensás

31/01/2026 | 13:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mellora e amplía as infraestruturas de abastecemento de auga do Concello de Palas de Rei cun investimento de preto de 100.000 euros

Ángeles Vázquez explica que esta actuación, financiada ao 100% por Augas de Galicia, beneficia de xeito directo a preto dun milleiro de veciños do casco urbano

30/01/2026 | 14:54 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles visita a actuación que se leva a cabo na Reitoral de Santa Comba de Bande para mellorar a oferta patrimonial da Baixa Limia

Turismo de Galicia e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude asinaron un convenio co concello de Bande para equipar o inmoble tras as obras realizadas en 2021

30/01/2026 | 13:24 | C. do Medio Rural

A Xunta convocará o 5 de febreiro as axudas para mellorar os camiños rurais dos concellos

María José Gómez visitou esta mañá actuacións en execución de arranxo destas vías no concello de Baralla, correspondentes á convocatoria de 2025, na que este municipio recibiu unha axuda de case 83.000 euros ao abeiro deste plan