Actualidade
Buscador de novas
Seis empresas de Ferrolterra beneficiáronse en 2025 do programa de primeira experiencia profesional
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o Grupo TT, un dos beneficiarios desta orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Belén do Campo destaca o investimento de máis de 3,1M€ na cidade da Coruña para impulsar 60 cursos AFD dirixidos a mellorar a empregabilidade dos desempregados
A delegada da Xunta participou nunha rolda de prensa conxunta co presidente de Asociación Provincial de Hostalería da Coruña e co presidente da Confederación Empresarial Hostalería, na que puxo en valor o diálogo constante da Xunta co sector e os apoios públicos cos conta
A Xunta lembra co gallo do Día Mundial da Seguridade no Traballo que levará ao diálogo social a futura estratexia de benestar laboral e RSE
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta semana no webinario Construíndo benestar: ferramentas para contornas de traballo psicosocialmente saudables, organizado polo Issga en colaboración con Asepeyo
A Xunta salienta en Ourense a importancia da remuda xeracional no sector artesán para garantir o futuro dos oficios tradicionais
José González destaca o apoio autonómico a esta cita referente que este ano conta coa participación dunha ducia de obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia, especializados en coiro, xoiería, bixutería, complementos ou creación con papel
A Xunta pon en valor a aposta do Goberno galego polo emprendemento ligado ao territorio na entrega dos II Premios á innovación Pont-Up Store
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, salientou ferramentas clave como o apoio da Rede de polos e as axudas incluídas na orde unificada para persoas autónomas, dotadas con preto de 41 M€
A Xunta destinou preto de 200.000 € para apoiar á creación de empregos estables coas axudas á contratación para persoas traballadoras autónomas na provincia de Ourense
Manuel Pardo lembrou que a Xunta ten aberto o prazo dunha nova convocatoria destas achegas cun orzamento de 1,3 millóns de euros, co fin de favorecer a creación de novos empregos estables e contribuír ao crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade para a creación de emprego
O DOG publica o decreto que institucionaliza o diálogo social en Galicia como marco clave de negociación colectiva en materia sociolaboral e económica
A norma establece o funcionamento e composición da Mesa de Diálogo Social de Galicia e regula na comunidade este espazo do que forman parte o Executivo galego e os axentes sociais
A Xunta explica en Pontevedra os apoios autonómicos ao labor integral do tecido autónomo galego
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada sobre axudas destinadas ao colectivo de autónomos, organizada por APE Galicia
A Xunta pon en valor a súa aposta polo emprendemento ligado ao territorio e para facilitar a remuda xeracional nos negocios
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na apertura do XII Encontro internacional de emprendedores mozos, Eije A Coruña 2026