Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 587 novas da área temática Exterior:

06/04/2025 | 10:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para mellorar a atención sanitaria da poboación desprazada en Uganda e na República Democrática do Congo

En Uganda realizarase unha campaña de prevención do virus do ébola, e no Congo darase apoio nutricional e sanitario

06/04/2025 | 09:58 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o papel clave da Comandancia Naval do Miño na seguridade transfronteiriza e na cooperación con Portugal

Subliña o papel esencial da organización “na loita contra a pesca ilegal e a protección dos recursos naturais do río”

05/04/2025 | 08:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca axudas Erasmus complementarias de ata 1.755€ para estudantes de ensinanzas artísticas superiores

Poderanse solicitar ata o 30 de abril e teñen como obxectivo seguir impulsando a mobilidade deste alumnado para enriquecer a súa formación

04/04/2025 | 16:25 | C. do Mar

Alfonso Villares presenta ao sector o Decálogo Estratéxico de Galicia na defensa dos seus intereses ante a revisión da Política Pesqueira Común

O documento elaborado pola Xunta reformula o Ditame aprobado no 2022 e se suma ao Informe sobre o impacto sobre o sector pesqueiro do conxunto de propostas lexislativas e non lexislativas da Comisión encargado á Fundación MarInnLeg no 2023

03/04/2025 | 20:04 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta o papel do Centro Galego de Santander como embaixador da cultura galega en Cantabria

Destaca o compromiso da Xunta coa emigración e co mantemento dos centros galegos como piares fundamentais de apoio á diáspora

03/04/2025 | 18:02 | Axencia de Turismo de Galicia

O operador turístico alemán do grupo Dertour dá a coñecer o destino Galicia para traer en outono 1.200 turistas en oito voos charter

Xosé Merelles recibiu na Praza do Obradoiro a 16 axentes de viaxes alemáns que veñen a coñecer os recursos dos tres paquetes turísticos que oferta Dertour no mercado alemán

03/04/2025 | 17:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia reclama no Comité das Rexións a defensa do produto pesqueiro comunitario fronte ao de terceiros países

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no pleno do CdR como coordinador da delegación española nesta asemblea

03/04/2025 | 15:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre o prazo do premio literario ‘Nortear’ para obras escritas en galego ou portugués

A iniciativa impulsada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal cumpre 10 anos como referente cultural de cooperación transfronteiriza europea

01/04/2025 | 19:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra o Día das Artes a Díaz Pardo como “xusto recoñecemento de Galicia ao innovador legado cultural dunha figura inmensa e irrepetible”

O responsable de Cultura do Goberno galego destaca que foi o artífice de proxectos tan relevantes como Sargadelos, o Laboratorio de Formas, Ediciós do Castro, o Instituto Galego de Información ou o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside

01/04/2025 | 15:41 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia medra un 3,6% en número de viaxeiros aloxados en xaneiro e febreiro con respecto a 2024

O datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) indican que 436.282 persoas aloxáronse na Comunidade nos meses de xaneiro e febreiro deste ano