Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Portos:

22/04/2025 | 16:03 | C. do Mar

A Consellería do Mar será unha das protagonistas do Salón Internacional da Industria Acuícola Aquafuture que acollerá a cidade de Vigo o vindeiro mes de maio

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica asistiu á presentación do evento, o único deste tipo en España, que reflicte o liderado de Galicia nesta industria e que contará con máis de 200 expositores procedentes de 26 países

20/04/2025 | 10:02 | C. do Mar

Portos de Galicia tramita a concesión para o porto deportivo de Rianxo que prevé 174 prazas de amarre e 470 metros de edificación con módulos prefabricados

O investimento previsto polo club náutico é de 1,7 millóns de euros e proxéctase a súa execución en dúas fases coordinadas co plan de reordenación da dársena, que inclúe a remodelación das instalacións pesqueiras e mexilloeiras

11/04/2025 | 13:55 | C. do Mar

A Xunta acusa ao Goberno central de facer unha “fuxida cara adiante” e de non asumir as consecuencias da ”chapuza” da dragaxe da ría do Burgo

O Goberno galego remitiu unha carta á Secretaría de Estado de Medio Ambiente a finais de xaneiro reclamando o abono das compensacións aos profesionais afectados pola obra sen recibir resposta algunha ata hoxe

10/04/2025 | 17:24 | C. do Mar

A Xunta recibe o informe definitivo do CEDEX sobre a dragaxe do Lérez e remitiráo ao MITECO para que autorice o punto de depósito

O documento final do Centro de Estudios e Experimentación de Obras Públicas, organismo técnico dependente do MITECO, reitera que a zona E8, no exterior de Sálvora, debe ser considerada “alternativa prioritaria” para o conxunto das rías Baixas

10/04/2025 | 13:02 | C. do Mar

A Consellería do Mar e o Concello de Ribadeo asinan o convenio para a reforma da rúa Buenos Aires, no acceso ao porto de Mirasol

Alfonso Villares visitou a zona na que a Xunta investirá 450.000 euros na renovación da calzada e da rede de saneamento e pluviais así como humanización da contorna do auditorio municipal

08/04/2025 | 18:57 | C. do Mar

Galicia impulsa coa CRPM a rexionalización da Política Pesqueira Común para que as comunidades costeiras teñan unha participación activa na toma de decisións

O titular de Mar sinala a necesidade de promover unha descentralización da xestión pesqueira que garanta a participación das administracións rexionais na toma de decisións xunto cos Estados membros