Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo avanza que os orzamentos da Xunta para 2026 destinan preto de 14,8 millóns para o desenvolvemento de vivenda pública e protexida na cidade da Coruña
A delegada da Xunta lembrou que na urbe herculina a Xunta ten en marcha 210 fogares públicos, resultado da construción dos 104 pisos de Xuxán, de 99 vivendas máis previstas na cidade e da rehabilitación dos dous inmobles do programa Rexurbe.
Allegue anuncia 28 M€ para vivenda en Pontevedra e adianta que a Xunta facilitará a construción de vivenda protexida en solos dotacionais en desuso
Allegue destacou que é a provincia de Pontevedra a que conta co orzamento máis alto da Xunta en materia para vivenda, con 149 M€, dos que 28 M€ terán como destino a cidade do Lérez
A Xunta adxudica a redacción dos proxectos e dirección de obra de construción de 24 vivendas públicas na rúa Angelo Collocci en Lugo
O edificio habilitarase nunha das parcelas cedidas polo Concello e estímase que a súa construción suporá un investimento de ao redor de 4,4M€
A Xunta comeza a rehabilitación dun inmoble no casco vello de Ribadavia para acadar 5 vivendas de promoción pública, cun investimento autonómico de 1,8M€
Allegue sinalou que esta intervención se executa ao abeiro do programa Rexurbe da Xunta, co que se recuperan inmobles en estado de abandono ou semiabandono en centros históricos para logo ofrecelos en alugueiro accesible
Rueda anuncia que a Xunta adquirirá baixos en desuso para convertelos en vivenda pública e que ampliará as rebaixas fiscais para compra de vivenda de segunda man
Increméntase ata os 240.000 euros, con 30.000 euros máis por cada membro adicional da unidade familiar, o teito de patrimonio para acceder á bonificación do Imposto de Transmisións Patrimoniais do 8% ao 3% (ao 0% en zonas pouco poboadas)
A Xunta destaca as vantaxes das entidades de certificación de conformidade municipal para axilizar as licenzas urbanísticas e facilitar o acceso á vivenda
Allegue fai fincapé na axilización, simplificación e redución dos tempos, tanto para os particulares que soliciten os servizos das ECCOM, como para os concellos
Allegue pon en valor a recuperación de 16 vivendas no centro histórico de Ponteareas ao abeiro das axudas nivel barrio, cun investimento de 400.000€
As actuacións nas 16 vivendas, financiadas con fondos europeos, teñen como obxectivo mellorar a eficiencia enerxética dos inmobles e outras reformas, como colocación de ascensores, conservación e renovación das edificacións
O Consorcio Casco Vello de Vigo adxudica catro novas vivendas públicas tras aprobar o seu plan de actuación para rehabilitar outros 25 edificios
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presidiu este luns o sorteo de asignación das novas viviendas de promoción autonómica
A Xunta publica no DOG a delimitación do ámbito da Baiuca-Penouqueira en Arteixo, para desenvolver solo residencial onde construír 160 vivendas
A resolución implica a declaración do interese autonómico da actuación que se levará a cabo, no marco da Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta
A Xunta adxudica a redacción dos proxectos de interese autonómico para desenvolver solo para construír case 1.800 vivendas en Vigo e Vilagarcía
As firmas adxudicatarias elaborarán a redacción do PIA, do proxecto de expropiación e de parcelamento para a obtención de 20,1 hectáreas de solo en Vigo e Vilagarcía, destinado maioritariamente á construción de vivendas protexidas