Actualidade
Buscador de novas
A Xunta resolve máis de 32.000 expedientes de dependencia e discapacidade nos catro primeiros meses de aplicación do plan de axilización
Este impulso ás valoracións no primeiro cuadrimestre supón un incremento do 70% con respecto ao mesmo período de 2024 e débese, en gran medida, á redución ao máximo dos trámites
A Xunta pon en valor os 25 anos de traxectoria da asociación Amicos na plena inclusión das persoas con discapacidade intelectual
A directora xeral de Persoas con Discapacidade destacou que o Executivo galego financia 102 prazas de atención da entidade na comarca da Barbanza
A Xunta agradece ás entidades sociais o labor que realizan para mellorar a calidade de vida das persoas con Párkinson e das súas familias
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria destacou que as VI Xornadas de Párkinson son fundamentais para seguir avanzando na aplicación de novos tratamentos terapéuticos
A Xunta enxalza as iniciativas da asociación Por Eles Tea de Ourense para acompañar ás persoas con autismo e potenciar as súas habilidades
A directora xeral de Persoas con Discapacidades sinalou que esta entidade social conta con programas de referencia en educación, en atención temperá e en intervención psicosocial
A Xunta abre o prazo para participar nos campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade
As actividades comezarán o 2 de xullo e prolongaranse ata o 14 de setembro e ofertaranse dúas modalidades: aventura na natureza ou xunto ao mar
A Xunta traballa na simplificación administrativa das axudas aos centros especiais de emprego para facilitar o seu labor de inserción das persoas con discapacidade
José González sinalou que en próximas semanas se lanzará a convocatoria de 2025 de achegas a estes centros, enmarcada nos preto de 45 millóns de euros que o Goberno galego ten orzamentados este ano para a economía social