Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 491 novas da área temática Enerxía:

22/10/2024 | 13:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez analiza coa directora de Mercados de Carbono e Mobilidade Limpa da Comisión Europea a situación eólica en Galicia

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático destaca a importancia de que o Tribunal de Xustiza da UE resolva o antes posible a cuestión prexudicial trasladada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a tramitación dos proxectos eólicos

22/10/2024 | 13:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 1 M€ a obras de eficiencia enerxética en instalacións municipais de nove concellos lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, explica que acaba de resolverse unha orde de axudas para acometer traballos de mellora do illamento, a iluminación, a climatización ou a calefacción

20/10/2024 | 10:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa obras de eficiencia enerxética en medio cento de concellos cun investimento de máis de 5,2 M€

A iniciativa, cofinanciada con fondos Feder, enmárcase na nova convocatoria de axudas plurianual destinada a municipios de menos de 30.000 habitantes

18/10/2024 | 15:51 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon a política enerxética e de acceso ao solo industrial como eixes dos orzamentos da Consellería de Economía e Industria, que suman 374 M€

Apunta que, cunha suba do 7,6 por cento, o obxectivo é facilitar ás empresas o acceso a solo industrial de xeito máis rápido para acelerar a implantación de novos proxectos e facer dos recursos naturais de Galicia unha vantaxe competitiva

17/10/2024 | 13:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no pavillón polideportivo municipal de Baños de Molgas

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitaron as instalacións para coñecer as accións enmarcadas no fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local

16/10/2024 | 14:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apela á responsabilidade social empresarial do tecido produtivo galego para avanzar cara á neutralidade climática

As entidades adheridas á Alianza galega polo clima teñen á súa disposición unha oficina de apoio en liña para acelerar a adopción de prácticas de sostibilidade ambiental que permitan acadar ese obxectivo

16/10/2024 | 14:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta participa na II edición do Premio Galicia Renovable que recoñece o talento universitario e pon en valor proxectos relacionados coa eficiencia e a transición enerxética

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, apostou por unha descarbonización gradual e destacou o modelo que está a desenvolver a Xunta baseado no binomio industria-enerxía para vincular o desenvolvemento industrial de Galicia ás enerxías renovables

16/10/2024 | 13:51 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta organiza o vindeiro luns unha xornada informativa sobre a nova liña de axudas de eficiencia enerxética para empresas turísticas

Está dirixida a profesionais do sector e incorpora como novidade este ano que se podan presentar as empresas de restauración ademais das de aloxamento

11/10/2024 | 14:14 | Axencia de Turismo de Galicia

Martina Aneiros anima ás empresas turísticas de Ferrolterra a solicitar as axudas de eficiencia enerxética antes do 14 de novembro

Lembra que medidas como esta, orientadas á modernización e mellora da competitividade do sector, están incluídas na Estratexia de Turismo de Galicia 2030 presentada hai unhas semanas

09/10/2024 | 19:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta vixiará o cumprimento da actividade industrial en XEAL

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co comité de empresa da factoría