Actualidade
Buscador de novas
A Xunta presenta ao Goberno central o proxecto para crear unha fábrica de IA vinculada á investigación sanitaria e solicita o seu apoio
O conselleiro de Ciencia reúnese en Madrid coa secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, a quen agradece a súa receptividade
A Xunta destaca a “convocatoria histórica” de 172,6 M€ para promover a competitividade, a innovación e o financiamento para pemes e autónomos
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa no II Foro Innovación Empresarial, levado a cabo no marco do programa Conecta Lugo, onde subliña que no que levamos de semana activáronse “15 liñas de apoio” para facilitar a planificación e as novas iniciativas de pemes e autónomos
A Xunta licita por 3,5 M€ a actualización tecnolóxica, soporte e subministro de software para o sistema sanitario público
Trátase dun servizo necesario debido á continua evolución dos sistemas de información do Sergas, que implican proxectos de historia clínica intelixente, big data, empoderamento do paciente, teleconsulta ou diagnostico de imaxe médica
A Xunta demanda a integración presencial da Policía Nacional e da Garda Civil na sede do CIAE 112-Galicia para reforzar a coordinación ante emerxencias
O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, visitou a Axencia Galega de Emerxencias para participar na entrega de drons á Policía Autonómica, que si está presente na sala do 112
A contratación de internet de banda larga no rural de Galicia creceu máis dun 30% desde 2016 e supera xa o 90% dos fogares
A práctica totalidade (99,9%) dos fogares con estudantes dispoñen deste servizo e a porcentaxe baixa ata o 74,3% nos fogares nos que vive unha soa persoa
Lorenzana anuncia a aprobación da primeira convocatoria de axudas en Galicia para promover o uso da intelixencia artificial nas empresas
Será aprobada no vindeiro Consello da Xunta, cun orzamento de 10,3 M€
A Xunta presenta o seu modelo de goberno da intelixencia artificial a responsables tecnolóxicos de empresas e institucións
O encontro SINFILTRO, de directores de sistemas e tecnoloxías, inclúe unha visita ás instalacións da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
A Xunta destaca o papel da Intelixencia Artificial para dotar de maior calidade, eficacia e eficiencia aos servizos públicos
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu esta tarde a conferencia Bases para a regulación e a gobernanza da Intelixencia Artificial no sector público, impartida polo profesor de Dereito Administrativo da USC, Marcos Almeida Cerreda
Bioga, Clúster Saúde de Galicia e Xunta presentan as oportunidades de colaboración Galicia-Carolina do Norte para o sector biotecnolóxico
O conselleiro de Ciencia destaca na apertura do encontro a importancia de reforzar a visibilidade do sector para converterse nunha biorrexión de referencia internacional