Actualidade
Buscador de novas
Alfonso Villares pon en valor as axudas autonómicas para equipamentos portuarios na confraría de Barallobre beneficiaria de máis de 59.000 €
O pósito executou obras de mellora na impermeabilización da cuberta, fachadas así como o saneado e pintado do interior da lonxa ademais de adquirir un produtor de xeo e mesas de clasificación de molusco
A Xunta impulsa o sector do cultivo do mexillón e a acuicultura sostibles a través dos GALP
A iniciativa da sociedade pontevedresa suscitou o interese da delegación bretoa que visitou estes días a zona, pois o seu desenvolvemento contribúe á dinamización e á diversificación da actividade marítima
Galicia mostra os seus referentes en formación e investigación á delegación de Bretaña coa visita ao Instituto Marítimo Pesqueiro de Vigo e o Intecmar
O centro formativo imparte os ciclos superiores de Pesca de Altura e de Máquinas e os ciclo medios de Pesca de Litoral e Máquinas que se complementan este ano con outras 46 accións formativas
Portos de Galicia e o Concello de Rianxo acordan a proposta para a reversión ao estado de terreos declarados innecesarios
O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e no seu caso trasladarse aos concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa Fegamp
Galicia e Bretaña estreitan lazos na defensa dos intereses pesqueiros ante as institucións comunitarias
O conselleiro destaca a aposta da Xunta polo sector, co desenvolvemento da Estratexia de Economía Azul, que converterá á comunidade nun referente internacional nesta materia e mobilizará 144M€
As descargas de bocarte nos peiraos de Porto do Son alcanzan o 70% das 488 toneladas que foron comercializadas nas lonxas galegas este ano
O conselleiro do Mar informou que esta mañá celebrouse un encontro coa frota do cerco para abordar unha posición común respecto ao borrador de Resolución da Secretaría Xeral de Pesca para xestionar esta pesqueira no Cantábrico
A Consellería do Mar investirá máis de 800.000 euros este ano na mellora de infraestruturas e servizos nos portos de Muros
O conselleiro do Mar presentou o proxecto de reconstrución dun tramo de peirao na dársena interior de Muros, que xa se atopa en licitación, e o da rampla de Esteiro, cuxa execución está prevista tamén neste exercicio
Portos de Galicia e o Concello de Laxe acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios
O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e no seu caso trasladarse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP
O avance do informe do CEDEX sobre as zonas de depósito dos áridos para a dragaxe do Lérez sinala como alternativa prioritaria o punto de Sálvora que o estado paralizou en 2021
A Xunta recibiu un avance do documento elaborado polo Centro de Estudios e Experimentación de Obras Públicas, organismo técnico de recoñecido prestixio dependente do Goberno Central no que valida os 3 puntos de vertido propostos por Portos de Galicia establecendo como preferente o E8 que se viña empregando